CURSOS DE VERÁN 2017

INTRODUCIÓN Á ASTRONOMÍA VISUAL E FOTOGRÁFICA

Do 17 ao 21 de xullo de 2017

PROGRAMA

Máis información: https://sites.google.com/site/cursodeveranoastronomia/
 

Prazo de matrícula: do 19 de maio  ata o 12 de xullo de 2017

Horas de duración: 30

Lugar de realización

Facultade de Informática.
Campus de Elviña.
15071 A Coruña.
Planetario da Casa das Ciencias.
Parque de Santa Margarita, s/n, 15005 A Coruña
Observatorio Astronómico de Cotobade

 Recoñecemento académico

Titulacións a extinguir: Número de créditos de libre elección para alumnos da UDC 2

Titulacións de graos: De acordo co disposto na normativa mediante a que se establece o procedemento para o recoñecemento académico de créditos por participación en actividades universitarias nos Graos da UDC, aprobada por acordo do Consello de Goberno do 17 de xullo de 2012, modificada por acordo do mesmo órgano de data 21 de xullo de 2016, aos estudantes da UDC poderánselle recoñecer créditos pola participación en cursos de verán oficiais da UDC: 1,5 créditos por cada 15 h., máximo 3 créditos por curso

Perfil preferente do alumnado: estudantes UDC, PDI e PAS da UDC, estudantes do SUG, PDI e PAS do SUG e demais interesados

Coordinación

Dirección: Ángel Daniel Rodríguez Arós
Secretaría: María Teresa Cao Rial

Entidades colaboradoras

Libraría Azeta, Trevinca Skies, Agrupación Astronómica Coruñesa IO, Asociación Astronómica Sirio de Pontevedra e Museos Científicos Coruñeses.


Prezo:

Prezo público xeral: 80 €

Prezo reducido: 50 € Aplicable a estudantes de calquera universidade,  persoas desempregadas e comunidade universitaria da UDC.

Información:

ETS Náutica e Máquinas.
Paseo de Ronda, 51
15011 A Coruña
angel.aros@udc.es
Tel. 881 014 254





Resumo do curso:

Neste curso de iniciación á astronomía visual e fotográfica, os obxectivos son numerosos e variados. Entre eles cómpre salientar os de recuperar o coñecemento dos ceos nocturnos, estimular o interese das persoas asistentes pola observación astronómica, tanto visual coma fotográfica, aprender a manexar programas de planetario virtual amplamente estendidos como Stellarium, informar e concienciar acerca dos prexuízos da contaminación luminosa ou instruír no manexo básico de equipo observacional (telescopios de distintas arquitecturas, planisferios, guías de campo...). Lonxe de darnos por satisfeitos con experiencias previas moi ben valoradas, e coa vontade de mellorar e actualizar contidos de continuo, nesta ocasión presentamos unha programación totalmente renovada, con novos docentes de recoñecido prestixio como por exemplo Alejandro Cardesín (ESA, Mars Express) ou Marcos Pérez (Casa das Ciencias).

Pautas de matrícula.

Matrícula.