CURSOS DE VERÁN 2017

LUGARES SINGULARES. XERME DE URBANIDADE. ESTRATEXIAS DE REHABILITACIÓN RIANXO 4

Do 17 ao 21 de xullo de 2017

PROGRAMA

CARTEL

Prazo de matrícula: do 19 de maio ata o 16 de xullo de 2017

Horas de duración: 30

Lugar de realización

Rianxo, Aula do Mar.

 Recoñecemento académico

Titulacións a extinguir: Número de créditos de libre elección para alumnos da UDC 2

Titulacións de graos: De acordo co disposto na normativa mediante a que se establece o procedemento para o recoñecemento académico de créditos por participación en actividades universitarias nos Graos da UDC, aprobada por acordo do Consello de Goberno do 17 de xullo de 2012, modificada por acordo do mesmo órgano de data 21 de xullo de 2016, aos estudantes da UDC poderánselle recoñecer créditos pola participación en cursos de verán oficiais da UDC: 1,5 créditos por cada 15 h., máximo 3 créditos por curso

Perfil preferente do alumnado: Alumnado de Arquitectura, Arquitectura Técnica, Enxeñerías, Socioloxía, Xeografía, Arte, Humanidades... Tamén profesionais do urbanismo e do territorio

Coordinación

Dirección: José Manuel Vázquez Mosquera
Secretaría: Sandra González Álvarez

Entidades colaboradoras

Concello de Rianxo


Prezo:

Prezo público xeral: 80 €

Prezo reducido: 50 € Aplicable a estudantes de calquera universidade, estudantes de estudos de formación profesional, pensionistas, persoas desempregadas e comunidade universitaria da UDC.

Información:

sandra_gonzalez_alvarez@hotmail.com
Tel. 647 123 569



Resumo do curso:

O curso trata de estudar o efecto que pode ter para o desenvolvemento de relacións no territorio (consideramos que de urbanidade, entendida como relacións na paisaxe entre home e medio) a transformación de espazos-lugares singulares, denominados así porque teñen unha potencialidade subxacente.
Localizados os lugares (un cativo porto de ría, unha reitoral abandonada, o contorno dun hórreo, e unha aira) a súa rehabilitación ou transformación coma base para reflexionar sobre o papel de certos puntos singulares na vida comunitaria.
Desde distintas ópticas, segundo a orientación das persoas participantes buscarase atopar puntos de discusión e encontro para facilitar intervencións que favorezan a recuperación tanto dos elementos como do contorno.
Facer tamén visible o valor de certos elementos que por diversas razóns o perderon, pero que seguen mantendo interese e potencialidades de transformación.

Pautas de matrícula.

Matrícula.