CURSOS DE VERÁN 2017

DOCENTES CONECTAD@S: O RETO DE EDUCAR NA ERA DIXITAL

10 e 11 de xullo de 2017

PROGRAMA

Prazo de matrícula: do 19 de maio ata ás 14:00 h. do 5 de xullo de 2017

Horas de duración: 15

Lugar de realización

Facultade de Ciencias da Educación
Campus de Elviña.
15071 - A Coruña

 Recoñecemento académico

Titulacións a extinguir: Número de créditos de libre elección para alumnos da UDC 1

Titulacións de graos: De acordo co disposto na normativa mediante a que se establece o procedemento para o recoñecemento académico de créditos por participación en actividades universitarias nos Graos da UDC, aprobada por acordo do Consello de Goberno do 17 de xullo de 2012, modificada por acordo do mesmo órgano de data 21 de xullo de 2016, aos estudantes da UDC poderánselle recoñecer créditos pola participación en cursos de verán oficiais da UDC: 1,5 créditos por cada 15 h., máximo 3 créditos por curso

Perfil preferente do alumnado: Estudantes da Facultade de Ciencias da Educación, profesorado das tres universidades galegas, profesorado de ensinanzas medias (ESO, Bacharelato, FP), calquera persoa interesada no ámbito da Educación e da innovación

Coordinación

Dirección: Enrique de la Torre Fernández
Secretaría: Ana M. Peña Cabanas

Entidades colaboradoras

CITIC, CESGA, FUAC,

Revista Educación 3.0

Prezo:

Prezo público xeral: 50 €

Prezo reducido: 30 € Aplicable a Estudantes de calquera universidade e comunidade universitaria da UDC.

Información:

CUFIE. Edificio Xoana Capdevielle.
Elviña, 15071 A Coruña
innovacion.cufie@udc.es
Tel 881 015 612


Resumo do curso:

A finalidade principal do curso é proporcionarlles aos profesionais da educación de distintas etapas do sistema educativo, tradicionalmente desconectadas entre si, ocasións para o debate e o intercambio de ideas sobre a mellora da súa práctica docente, así como para a aplicación e experimentación práctica de técnicas, metodoloxía e recursos que deriven nun incremento da calidade dos procesos de ensino-aprendizaxe.

Pautas de matrícula.

Matrícula.