Instrución sobre criterios para a ordenación de pagamentos e solicitude individualizada de pagamentos

Coa finalidade de lle dar un tratamento preferente ao pagamento dos expedientes de gastos referidos a BOLSAS (axudas concedidas a estudantes, profesores e PAS, previa convocatoria e resolución), cómpre que os seus documentos contables “O” ou “ADO” sexan remitidos ao servizo de intervención de forma separada e facendo constar no recadro do documento contable denominado “texto libre” a seguinte lenda:
“Bolsa/axuda correspondente ao mes _________ ”.

O servizo de intervención, unha vez fiscalizados favorablemente, achegará devanditos os expedientes ao servizo de contabilidade para o seu pagamento nos dez primeiros días de cada mes.

A Coruña, a 6 de setembro de 2004.

O XERENTE.

Asdo.: Rafael Couto Lestao

VICERREITORÍAS
VICEXERENCIA
XEFES DE SERVIZO
XEFES DE NEGOCIADO DE ASUNTOS ECONÓMICOS DE CENTROS E INSTITUTOS UNIVERSITARIOS / SERVIZOS / USUARIOS SOROLLA
XEFE DA SECCIÓN DE TESOURARÍA E CAIXA

INSTRUCIÓN SOBRE CRITERIOS PARA A ORDENACIÓN DE PAGAMENTOS E SOLICITUDE INDIVIDUALIZADA DE PAGAMENTOS

Con carácter xeral, sempre que exista unha situación de tesouraría suficiente, o criterio a seguir na ordenación de pagamentos vén determinado pola orde cronolóxica de validación (fiscalización) dos expedientes de gastos.

A necesidade de liquidez na tesouraría da Universidade provoca situacións en que cómpre dar preferencia a determinados expedientes de gastos no seu trámite de pagamento; circunstancia que debe ser consecuencia dunha xusta e ben acaída motivación, ou da existencia de criterios previamente determinados pola Administración.

A presente instrución ten como obxectivo determinar, por unha banda, os criterios, supostos ou tipos de expedientes que deben contar con preferencia no seu pagamento, e, por outra banda, determinar o procedemento a seguir nas solicitudes de pagamentos individualizados correspondentes a expedientes de gastos distintos dos enumerados como preferentes.

Polo anteriormente exposto, e como ordenador de pagamentos,

RESOLVO

1º.- PAGAMENTOS PREFERENTES:

Determínanse como pagamentos con preferencia na súa ordenación e execución pola tesouraría da Universidade os seguintes:

  1. Nóminas do persoal da UDC (mensual, pagas extraordinarias, paga lineal convenio, productividade, gastos sociais, etc).
  2. Seguridade Social (Mutualidades, dereitos pasivos, Muface, etc).
  3. Retencións xudiciais e administrativas (Xulgados, Facenda, etc).
  4. Impostos (IRPF, IVE, etc.).
  5. Anticipos de nóminas.
  6. Devolucións de prezos públicos e ingresos indebidos.
  7. Bolsas e/ou axudas, previa convocatoria e resolución (estudantes, profesores e PAS).

2º.- PAGAMENTOS INDIVIDUALIZADOS:

Por motivos debidamente xustificados, autorizaranse pagamentos individualizados de expedientes de gastos validados e previa solicitude segundo modelo (ANEXO 1) que se acompaña a esta instrución.

3º.- COMISIÓN DE SEGUIMENTO:

Coa finalidade de resolver as incidencias xurdidas como consecuencia da aplicación desta instrución, establécese a seguinte Comisión de Seguimento:

  • Xerente.
  • Vicerreitor de Estratexia e Planificación Económica.
  • Xefe do Servizo de Intervención.
  • Xefe do Servizo de Contabilidade.
  • Xefe da Sección de Tesouraría e Caixa.

A Coruña, 6 de setembro de 2004.

O XERENTE.

Asdo.: Rafael Couto Lestao

 

ANEXO 1

SOLICITUDE INDIVIDUALIZADA DE PAGAMENTO

Pola presente, solicítase o pagamento individualizado seguinte:

SOLICITANTE DO PAGAMENTO  
MOTIVO DA SOLICITUDE  
IMPORTE  
PROVEDOR  
Nº DOCUMENTO CONTABLE  

 

 

A Coruña, a __ de ________________ de 20___.
O SOLICITANTE,                    



Asdo.: _____________________________

 

CONFORME
O ORDENADOR DE PAGAMENTOS
O XERENTE,




Asdo.:_________________________