Modificación das instrucións para a tramitación do pagamento por razón do servizo

Aprobada pola resolución do 29 de decembro de 2005 do Consello da Xunta de Galicia sobre a revisión da contía da indemnización por uso de vehículo particular e a das axudas de custo en territorio nacional, establecidas no Decreto 144/2001, do 7 de xuño, sobre indemnizacións por razón de servizo.
Compre a modificación das instrucións para a tramitación do pagamento por razón do servizo aprobada por Resolución Reitoral do 16 de xullo de 2002.

En consecuencia

RESOLVO:

Aprobar a modificación das instrucións para a tramitación do pagamento por razón do servizo e actualizar a contía da indemnización por uso de vehículo particular en comisión de servizo e a das axudas de custo en territorio nacional, e asumir as previsións respectivamente, no artigo 14, punto seis, e no anexo II do devandito decreto, quedando fixadas como segue:

Uso de vehículo particular, 0,19 euros por quilómetro percorrido.

Axudas de custo en territorio nacional (euros):

Por grupos Por aloxamento Por manutención Axuda de custo enteira
102.56 53.34 155.90
65.97 37.40 103.37
48.92 28.21 77.13
48.92 28.21 77.13

As ditas modificacións aplicaranse con efectos do día primeiro de xaneiro de 2006.

 

A Coruña, 16 de xaneiro de 2005

O reitor
Asdo.: José María Barja Pérez