Esta instrución ten a finalidade de regular as situacións excepcionais e temporais dentro do cadro de persoal dos funcionarios (PAS) da UDC, en que por vacante ou por ausencia da persoa titular sexa preciso xestionar a figura da comisión de servizos prevista na normativa da función pública.
As comisións de servizos terán unha duración máxima dun ano e poderán prorrogarse por outro, caso de non se ter cuberto o posto con carácter definitivo. No suposto de que, transcorridos dous anos, o posto siga vacante, o/a funcionario/a que o ocupa en comisión de servizos cesará e poderase conceder outra comisión de servizos a outro/a funcionario/a, seguindo os criterios marcados nesta instrución.
Nos baremos dos concursos de traslados non se valorará o feito de ocupar unha praza en comisión de servizos. Este tempo valorarase como desempeñado na praza que se ten con carácter definitivo.
As prazas vacantes que estean ocupadas en comisións de servizos serán ofertadas no seguinte concurso de traslados que se produza.
A comisión de servizos iniciarase mediante unha petición da persoa responsable da unidade dirixida ao xerente, que, tras o informe da Xunta de Persoal, resolverá sobre a súa concesión.
A necesidade ou a oportunidade da cobertura en comisión de servizos será determinada pola Xerencia.
No caso de se producir unha situación de vacante/ausencia nunha praza de nivel superior ao base dentro dun servizo, e cando o responsable deste considere necesaria a súa cobertura, procederase do seguinte xeito.
COMISIÓN DE SERVIZOS NAS PRAZAS DE XEFE/A DE SERVIZO
A cobertura da praza de xefe/a de servizo en comisión, tanto por vacante como por ausencia do titular da praza, cubrirase segundo os seguintes criterios e pola orde de preferencia que figura a continuación:
Nomearase en comisión de servizo ao:
COMISIÓN DE SERVIZOS NAS PRAZAS DE XEFE/A DE SECCIÓN
A cobertura da praza de xefe/a de sección en comisión, tanto por vacante como por ausencia do titular da praza, cubrirase segundo os seguintes criterios e pola orde de preferencia que figura a continuación:
Nomearase en comisión de servizo ao:
No caso de non haber ningún/ningunha xefe/a de negociado nesa sección nomearase segundo os criterios anteriores entre os/as xefes/as de negociado do servizo.
COMISIÓN DE SERVIZOS NAS PRAZAS DE XEFE/A DE NEGOCIADO
A cobertura da praza de xefe/a de negociado en comisión, tanto por vacante como por ausencia do titular da praza, cubrirase segundo os seguintes criterios e pola orde de preferencia que figura a continuación:
Nomearase en comisión de servizo ao:
No caso de non haber ningún persoal nese negociado, nomearase segundo os criterios anteriores entre os postos bases da sección.
COMISIÓNS DE SERVIZOS NAS PRAZAS DE XEFE/A DE NEGOCIADO DE ASUNTOS ECONÓMICOS DE CENTRO
A cobertura da praza de xefe/a de negociado de asuntos económicos de centro en comisión, tanto por vacante como por ausencia do titular da praza, cubrirase segundo os seguintes criterios e pola orde de preferencia que figura a continuación:
COMISIÓN DE SERVIZOS NAS PRAZAS DE ADMINISTRADOR/A DE CENTRO:
COMISIÓN DE SERVIZOS NAS PRAZAS DE SECRETARIO/A DE DECANO/A DIRECTOR/A:
COMISIÓNS DE SERVIZO POR CAMBIOS DE QUENDA
COMISIÓNS DE SERVIZO ENTRE O CAMPUS DA CORUÑA E FERROL
Unicamente poderá nomearse en comisión de servizo, entre campus, a funcionarios/as en prazas vacantes postos bases.
O funcionariado interesado presentará a súa solicitude ao xerente, que resolverá sobre a súa procedencia e oportunidade.
OUTROS SUPOSTOS
Excepcionalmente, e de xeito motivado, sempre que exista informe favorable da Xunta de Persoal, poderanse conceder comisións de servizos que non atendan integramente aos procedementos anteriormente descritos.
A Coruña, 18 de abril de 2006
O xerente
Asdo.: Manuel Galdo Pérez
Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000