Modificación da circular sobre terceiro ciclo

A Xerencia desta universidade, con data do 16 de maio de 2001, ditou unha resolución referente á imputación de gastos ao concepto económico 64908, Terceiro Ciclo, para establecer os criterios relativos á fixación de que tipo de gastos son imputables a este subconcepto.
Deste xeito, nun dos seus apartados indícase que se imputarán á partida orzamentaria 64908, Terceiro Ciclo, os gastos de programas de doutoramento derivados de desprazamentos colectivos que se consideren necesarios para o desenvolvemento docente dos alumnos de terceiro ciclo. Así mesmo, indícase que os gastos derivados de viaxes individuais de membros da comunidade universitaria imputaranse á partida 23000, Gastos de axudas de custo e locomoción.

Malia o anterior, parece lóxico que poidan tamén imputarse na 64908 as viaxes individuais que se correspondan a programas interuniversitarios que se realicen como consecuencia da súa organización e coordinación.

En consecuencia, esta xerencia, tras consultar a Vicerreitoría de Investigación, RESOLVE:

Que se poderán imputar na partida orzamentaria 64908, Terceiro Ciclo, as viaxes individuais de membros da comunidade universitaria que se correspondan a programas interuniversitarios realizados como consecuencia da súa organización ou coordinación.

A Coruña, 14 de novembro de 2005
O xerente

 

Asdo.: Manuel Galdo Pérez