Regulamento das cátedras culturais da UDC
- As cátedras culturais da UDC créanse ao abeiro de convenios con institucións ou particulares alleos á universidade e contan con financiamento externo. O financiamento externo cubrirá como mínimo un 70% do seu orzamento global.
- É obxectivo destas cátedras o desenvolvemento de actividades complementarias ou de extensión no ámbito da docencia, da investigación e da creación relacionadas con materias de índole histórica, de pensamento, de comunicación, literarias ou artísticas.
- Dependerán organicamente da vicerreitoría encargada das actividades de extensión cultural.
- Para a creación dunha cátedra cultural será requisito imprescindible a existencia dun fondo material de especial interese, procedente de doazóns externas ou conformado con recursos propios -for aquel bibliográfico, artístico ou documental-, que pola súa singularidade e difícil acomodo nas estruturas actuais da UDC xustifique a súa existencia.
- O seu ámbito de actuación deberá ter un carácter interdisciplinario e en ningún caso coincidirá por extensión coas áreas, departamentos ou institutos actualmente establecidos.
- A aprobación da creación da cátedra cultural ou, no seu caso, a súa supresión, corresponde ao Consello de Goberno.
- Para a aprobación dunha cátedra cultural propia será preceptiva a presentación da seguinte documentación:
- Informe dos consellos de departamento correspondentes ao seu ámbito de actuación.
- Unha memoria na que, cando menos, consten:
- Copia do convenio ou convenios coa institución ou particular alleo á UDC.
- Obxectivos e programas de investigación enmarcados na cátedra.
- Xustificación da creación da cátedra, en relación ás esixencias contempladas nos artigos 5 e 6 (carácter interdisciplinario, especialización, fondo material…).
- Programación plurianual de actividades.
- Relación do persoal científico que se integraría, acompañado do seu currículo.
- Estimación dos medios necesarios para o seu funcionamento, orzamento aproximado e fontes de financiamento.
- Regulamento de réxime interno onde se definirán a súa natureza e denominación, ámbito de actuación e fins.
- Serán fins das cátedras culturais:
- A custodia, catalogación e estudo do material doado ou conformado ao longo do tempo, agás naquilo que corresponda ao Servizo de bibliotecas.
- A investigación sobre o obxecto ou obxectos da cátedra.
- A organización de actos e a publicación, sempre no servizo de publicacións da UDC ou mediante coedición, de obras relacionadas co fondo.
- A cátedra cultural estará constituída polo consello da cátedra, o director ou directora, o secretario ou secretaria, o persoal científico e os membros honorarios:
- A persoa que exerza a dirección, designada polo Reitor, a proposta do consello, entre profesorado investigador a tempo completo da UDC, con publicacións recoñecidas no ámbito de actuación da cátedra.
- A persoa que asuma a secretaría, designada polo director entre os membros da cátedra.
- consello, constituído polo profesorado doutor da cátedra.
- O persoal científico, aprobado polo consello entre docentes e persoas bolseiras da UDC con investigación en ámbitos relacionados cos obxectivos da cátedra.
- Os membros honorarios, previa aprobación do consello, que poderán ser persoas alleas á UDC con recoñecido prestixio e vinculación aos obxectivos da cátedra.
- O exercicio dos cargos das cátedras culturais non suporá en ningún caso complementos económicos ou redución da carga docente.
- As cátedras remitirán, no primeiro cuadrimestre de cada curso, unha memoria económica e outra das actividades desenvolvidas no curso anterior.
Disposición final
O presente regulamento entrará en vigor ao día seguinte da súa aprobación no Consello de Goberno.