O Real decreto 285/2004, de 20 de febreiro, polo que se regulan as condicións de homologación e validación de títulos e estudos estranxeiros de educación superior (modificado polo Real decreto 309/2005, de 18 de marzo e polo Real decreto 1393/2007, de 29 de outubro) establece:
Artigo 22 ter. 1. Os reitores das universidades españolas serán competentes para a homologación a títulos e graos españois de posgrao.
2.. O procedemento iniciarase mediante a solicitude da persoa interesada, dirixida ao reitor da universidade da súa elección, acompañada polos documentos que se determinen mediante os criterios aprobados polo Consello de Coordinación Universitaria.
En desenvolvemento deste Real Decreto dítase a Orde ECI/3686/2004, de 3 de novembro e a Orde ECI/1712/2005 de 2 de xuño que a modifica. Esta última suprime as referencias respecto á homologación dos títulos de doutor contidos na primeira e, como cons ecuencia, non queda a partir dela ningunha previsión legal sobre o procedemento conc reto de homologación destes títulos.
Os criterios que se seguirán nos procesos de homologación e a súa documentación foron aprobados polo Consello de Coordinación Universitaria, mediante os acordos da Comisión Académica e de Coordinación do Consello de Coordinación Universitaria, do 11 de maio de 2005, polo que se ditan criterios para a aplicación da sección IV do Real Decreto 285/2004. Por último, a Vicesecretaría de Coordinación Académica remitiu o 29 de xullo de 2005 un documento sobre o sistema provisional para o rexistro das credenciais de homologación de títulos estranxeiros de educación superior a títulos oficiais españois de posgrao.
Xa que logo, ao residir nas universidades as competencias con respecto á homologación de títulos de doutor é necesario establecer o procedemento a seguir así como as condicións de homolog ación que non poden supoñer en ningún caso unha rebaixa no nivel de esixencia académica.
Por todo o exposto, resolvo:
A Universidade da Coruña homologará títulos estranxeiros de educación superior polo de doutor do sistema universitario español, conforme á habilitación legal do R.D. 285/2004, e de acordo ao procedemento recollido nesta Resolución.
1.1. O procedemento para a homologación de títulos estranxeiros de educación superior ao de doutor español iniciarase a petición da persoa interesada que poderá presentar en calquera momento e deberá acompañarse dos seguintes documentos, sen prexuízo da documentación complementaria que se determine, segundo o caso concreto :
1.2. Os documentos que sirvan de base á petición deberán cumprir os requisitos seguintes:
1.3. Sen prexuízo do disposto no artigo 38.4 da Lei 30/92, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, o interesado presentará a súa solicitude no rexistro xeral da Universidade dirixida á Sección de Terceiro Ciclo do Servizo de Organización Académica e achegará, xunto con cada documento orixinal unha fotocopia do dito documento. A oficina de rexistro realizará o cotexo dos documentos e copias, comprobando a identidade dos seus contidos, e devolverá os documentos orixinais ao interesado e unirá as copias á solicitude, unha vez cotexadas. Se as fotocopias estiveran xa cotexadas e legalizadas ante notario ou polas representacións diplomáticas ou consulares de España no país de onde proceda o documento, non será necesaria a presentación simultánea do orixinal.
Con carácter xeral, non se achegarán documentos orixinais a estes procedementos, agás cando poidan requirirse en aplicación da norma segunda.
1.4. Non procederá a devolución aos interesados de ningunha documentación achegada, unha vez finalizado o procedemento, salvo nos casos excepcionais en que se trate de documentos orixinais e resulte posible e procedente esa devolución. Antes da entrega ao interesado o órgano encargado da tramitación fará copia de cada unha das acreditacións ou títulos que se arquivarán no expediente, e incluirá unha relación certificada que inclúa todos os documentos e ntregados.
1.5. En caso de dúbida sobre a autenticidade, validez ou contido dos documentos achegados, o órgano instrutor poderá efectuar as dilixencias necesarias para a súa comprobación, así como dirixirse á autoridade competente expedidora destes para validar os extremos dubidosos.
2.1. Recibida a solicitude, a Sección de Terceiro Ciclo asegurarase de que a documentación cumpre os requisitos formais necesarios. De non ser así, requiriralle ao interesado a mellora da solicitude dándolle 10 días hábiles para emendar os defectos ou presentar nova documentación. Este prazo poderá ser obxecto de ampliación a petición do interesado antes da finalización do prazo concedido.
No caso de que o interesado non cumprimente o requirimento, ditarase resolución reitoral de non admisión a trámite.
2.2. As solicitudes que se estime que reúnen todos os requisitos se enviarán no prazo máximo de 15 días á Comisión de Posgrao da Universidade que emitirá un informe para o reitor. O informe, cuxa realización poderá ser delegada de forma expresa pola Comisión de Posgrao na Comisión de Doutoramento, terá en todo caso carácter preceptivo e non vinc ulante.
Así mesmo, a Comisión de Posgrao, ou a Comisión de Doutoramento, no seu caso, poderán recadar mediante petición razoada, a través da Sección de Terceiro Ciclo, documentación complementaria da persoa interesada.
2.3. O informe emitirase antes de dous meses, agás paralización imputable á persoa interesada. Este informe deberá ter en conta entre outros, os criterios xerais establecidos e, en concreto:
Así mesmo, calquera das comisións citadas poderán, para realizar o informe, solicitar o asesoramento dos especialistas que considere necesario o pedir informes a outras administracións ou embaixadas ou cons ulados.
2.4. Os informes técnicos emitidos poderán servir de precedente para posteriores informes, sempre que se refira a casos idénticos e así o acorde a comisión correspondente. Neste caso poderá elevarse a proposta de resolución sen necesidade de remitir un novo informe técnico específico.
3.1. Á vista da documentación e dos informes, o reitor ditará a correspondente resolución, onde se fará constar o literal do título do que se solicita a homologación e a tradución máis fiel posible ao galego e castelán.
3.2. No caso de resolución de homolog ación positiva e antes da emisión da credencial, a Universidade, a través da Sección de Títulos e Planos de Estudo do Servizo de Organización Académica, comunicará a dita resolución á Subdirección Xeral de Títulos, Validacións e Homologacións do Ministerio de Educación e Ciencia para os efectos de inscrición da homologación na sección especial do Rexistro Nacional de Títulos e para a asignación do correspondente número de rexistro. Da mesma maneira se inscribirá na Sección Especial do Rexistro de Títulos da Universidade.
Para isto a Sección de Terceiro Ciclo remitirá á Sección de Títulos e Planos de Estudo a seguinte documentación:
4.1. Recibido o número de rexistro nacional e unha vez asignado o número de rexistro universitario, procederase á expedición da correspondente credencial por parte da Sección de Títulos e Planos de Estudos da Universidade en soporte de seguridade.
4.2. A credencial de homologación expedirase conforme ao modelo que se achega como anexo xunto coas características técnicas (anexo II). A data de expedición coincidirá coa data da resolución reitoral que concede a homologación e toda vez que se reciba o número de rexistro nacional.
4.3. Para os efectos de expedición de orixinais e duplicados así como para a entrega ou remisión aos interesados, seguirase o procedemento establec ido para os títulos equivalentes.
Para os efectos do seu rexistro e asignación do número universitario, créase a Sección Especial do Rexistro de Títulos da Universidade, coa mesma estrutura que a utilizada para o rexistro dos títulos equivalentes, para o que se creará a correspondente aplicación informática. O número de rexistro universitario estará composto por nove díxitos, precedidos pola letra “C”, dos que os catro primeiros corresponderán ao ano de expedición.
O prazo máximo para ditar resolución será de 6 meses. De non recibir contestación nese prazo, entenderase que foi denegada.
A Coruña, 19 de novembro de 2007
O reitor,
José M.ª Barja Pérez
Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000