PRIMEIRO.- O expediente iniciarase por instancia do/a alumno/a, que o solicitará a través dos puntos de información ou vía web. Imprimiranse tres copias da solicitude/folla de pagamento. No prazo máximo de dez días o/a alumno/a deberá ingresar o importe no banco e enviar á Sección de Terceiro Ciclo o resgardo de que realizou o pago da taxa correspondente.
SEGUNDO.- Iniciado o procedemento para a expedición do DEA e com
TERCEIRO.- A Sección de Terceiro Ciclo solicitará por escrito da Sección de Títulos e Xestión Académica, a expedición dos DEA de cada unha das convocatorias, unha vez confirmado o pago de dereitos dos/as alumnos/as que superaron a correspondente convocatoria, e, en todo caso, nun prazo non superior a un mes desde a conclusión da actuación do último tribunal da convocatoria.
CUARTO.- A Sección de Títulos procederá a impresión dos Diplomas de Estudos Avanzados, xerándose ao mesmo tempo as follas do libro de Rexistro de DEA (para constancia na unidade de títulos) e as follas do libro de Rexistro e Expedición do DEA (para os efectos de constancia na unidade administrativa de Terceiro Ciclo e sinatura de recepción do interesado). A cada diploma asignaráselle un número composto de 6 díxitos dos que os dous primeiros corresponderán aos dous últimos díxitos do ano e os catro últimos ao número de asento no libro de Rexistro (01/0001, 01/0002, ...).
QUINTO.- A Sección de Títulos remitirá á Sección de Terceiro Ciclo os diplomas de Estudos Avanzados para lles seren entregados aás persoas interesadas, acompañados do correspondente acuse de recibo que devolverán á Sección de Títulos debidamente asinado, así como as follas correspondentes do libro de Rexistro e Expedición de DEA.
SEXTO.- No suposto de que se detecte algún erro no Diploma expedido, procederase a expedición dun duplicado, sexa de oficio ou a solicitude da persoa interesada.
A estes efectos a Sección de Terceiro Ciclo, tras a comprobación do documento orixinal que motiva a expedición do duplicado, realizará a correspondente modificación na base de datos e remitirá á Sección de Títulos e Xestión Académica un escrito polo solicitando a expedición do duplicado acompañado do orixinal do DEA, fotocopia do documento citado anteriormente e dilixencia en que conste que foron modificados os datos.
SÉTIMO.- A Sección de Títulos procederá á expedición do duplicado, que no caso de que o diploma surtira efectos xurídicos incorporará dilixencia de duplicado con especificación do motivo, e a destrucción do orixinal.
Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000