Co fin de adecuar o actual Regulamento de estudos de doutoramento da Universidade da Coruña, aprobado na Xunta de Goberno de 9 de xuño de 1999, á Lei orgánica 6/2001, de 21 de decembro, de universidades, e aos actuais Estatutos da Universidade da Coruña, aprobados por Decreto 101/2004, de 13 de maio, no referente á capacidade dos institutos universitarios para organizar e desenvolver programas de doutoramento, recoñecida no artigo 10 LOU e nos artigos 14, 15 e 51 dos Estatutos, e en aplicación do sinalado na disposición derogatoria única da LOU, onde o Regulamento pon “departamento” debe entenderse “departamento ou instituto universitario”. Dentro dos institutos universitarios o órgano competente para elaborar os programas é o consello científico ou órgano colexiado similar. Os institutos que desexen organizar e desenvolver programas de doutoramento deben elaborar previamente un regulamento de réxime interno ou adaptar o existente á LOU e aos Estatutos e constituír o consello científico informando á Secretaría Xeral da identidade dos membros que o compoñen.
A Coruña, 29 de setembro de 2004.
A SECRETARIA XERAL
Asdo. Patricia Faraldo Cabana
Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000