Programa de promoción dos contratados polo programa isidro parga pondal

(Aprobado no Consello de Goberno do 23/07/2008)

A convocatoria do Programa Isidro Parga Pondal do 2008 establece como condición para que as universidades se beneficien destas axudas, que fomenten a contratación en virtude da cual o investigador ou investigadora seleccionado quedará vinculado á universidade no que desenvolveu a súa labor de investigación. Esta premisa establecida a priori permite á UDC planificar o seu cadro de profesorado coas incorporacións dos investigadores Parga Pondal ao remate do programa.

Dado que nas convocatorias anteriores non existía esta condición, a UDC non pudo planificar a posible incorporación dos investigadores Parga Pondal ao cadro de profesorado, polo que é preciso facelo agora para evitar disfuncións e agravios comparativos.

O programa que se propón supón a convocatoria anual dun número mínimo de 2 prazas de Contratado doutor ou Titular de Universidade por ámbito de coñecemento (Experimental, Ciencias da saúde, Xurídico social, Arte e humanidades e Tecnolóxico).

Solicitantes:

Poderán participar no programa os investigadores Parga Pondal, Ramón y Cajal e Juan de la Cierva, que conten coa avaliación positiva I3 ou Manuel Colmeiro correspondente ao seu período de investigación, e a acreditación correspondente ao tipo de praza, ben de Contratado doutor ou de Titular de Universidade.

Caso de haber máis solicitudes que prazas ofertadas, desenvolverase un concurso de méritos para determinar en qué áreas de coñecemento se convocan as prazas. A selección realizarase por parte da COAP, seguindo o baremo do programa Parga Pondal correspondente ao ano da convocatoria das prazas e a puntuación acadada na avaliación I3 ou Manuel Colmeiro. Como regra xeral, outorgarase unha praza por área de coñecemento.

Formalización de solicitudes:

As solicitudes dirixiranse ao Vicerreitor de Profesorado mediante a presentación da seguinte documentación:

  • Instancia
  • Currículum Vitae
  • Documentación acreditativa dos méritos alegados no Currículum Vitae
  • Copia da avaliación I3 ou Manuel Colmeiro
  • Copia da certificación da acreditación como Profesor Contratado Doutor ou Titular de Universidade