A promoción do persoal docente e investigador da Universidade da Coruña é un dos principais obxectivos dos órganos de goberno desta: mediante unha política de promoción non só se satisfai unha lexítima aspiración do persoal senón que tamén se pode acadar un desexable aumento na calidade académica da institución.
O programa de promoción que se propón é un programa estable cuxo obxectivo é establecer as bases e os criterios da promoción do profesorado. É esencial que este programa non estea limitado no tempo e, en consecuencia, que xere un clima de confianza que permita ao PDI desenvolver unha actividade investigadora e docente que, a medio prazo, o conduza a se promocionar sempre que cumpra cuns criterios obxectivos de calidade.
Cada ano o Consello de Goberno aprobará a dotación dun certo número de prazas para promoción do PDI. O número de prazas para promoción dependerá das dispoñibilidades orzamentarias e, unha vez resolto o concurso correspondente, a praza orixinal da persoa solicitante que gañase o concurso será amortizada.
As modalidades de promoción que se consideran no plano de promoción anual son as seguintes:
En cada convocatoria establecerase o número de prazas de promoción por modalidade, distribuídas por ámbito científico en función do número de profesores que reúnan os requisitos para poderen optar á promoción. Os candidatos deberán reunir os seguintes requisitos:
O proceso de asignación das prazas será de tipo competitivo e iniciarase coas solicitudes das persoas interesadas, ás que se xuntará o curriculum vitae e os informes favorables do Consello do Departamento a que está adscrita a área de coñecemento da praza solicitada.
A Comisión de Organización Académica e Profesorado avaliará as solicitudes e informará sobre a dotación das prazas de promoción.
No caso de existir máis candidatos que prazas ofertadas dentro dun mesmo ámbito científico, tomaranse en conta os seguintes criterios por orden de preferencia:
Á vista dos informes que emita a Comisión de Organización Académica e Profesorado, o Consello de Goberno decidirá cales son as prazas que se dotan para a promoción.
Se o proceso de promoción conducir a un aumento dos efectivos da área, esa área non poderá participar en ningún programa de promoción da mesma categoría até que non sexa necesario un aumento de dotación por necesidades docentes ou até que o Consello de Goberno considere que concorren circunstancias excepcionais.
Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000