Reducións por cargo académico no pod
Aprobado no Consello de Goberno na súa sesión do 3 de abril de 2008, modificado no Consello de Goberno do 12/05/2009 e no do 29/05/2012
Como desenvolvemento do establecido no artigo 87 dos Estatutos da UDC (Decreto 194/2007, de 11 de outubro), propóñense as seguintes reducións docentes:
Valedor Universitario, Vicerreitores e Secretario Xeral:
- Redución de ¾ das actividades docentes
Cargos de Centros:
- Decanos e Directores de Centros: Redución de ½ das actividades docentes.
- Vicedecanos, Subdirectores e Secretario de Centros : Redución de 1/3 das actividades docentes.
Haberá tamén reducións polos seguintes conceptos, que a Dirección do Centro poderá asignar ás persoas que estimar conveniente:
- Redución de 1 crédito por cada módulo de 8 estudantes propios acollidos ao programa de intercambio Erasmus ou Sicue-Seneca.
- Redución de 0,5 créditos por cada 8 estudantes que realicen prácticas preprofesionais xestionadas polo Centro.
- Redución de 2,5 créditos por cada mestrado adscrito ao centro.
- Redución de 2 créditos pola implantación e seguimento do sistema de garantía de calidade do centro.
Cargos de Departamentos:
- Director de Departamento: Redución de 1/3 das actividades docentes
- Secretario de Departamento: Redución de ¼ das actividades docentes
Institutos Universitarios:
- Directores de Institutos Universitarios: Redución docente de 1/3 das actividades docentes
- Secretarios de Institutos Universitarios : Redución docente de ¼ das actividades docentes
Cargos da Universidade:
- Adxuntos/as a Vicerreitores/as: redución equivalente a do decano/a
- Director/a da Escola de Doutoramento: redución equivalente a do decano/a
- Representante da UDC no Comité Directivo do Campus do Mar: redución equivalente a do decano/a
- Redución equivalente a director/a de departamento, dos/as directores/as e coordinadores/as das seguintes unidades e centros:
Coordinador/a da área da Agencia Nacional de Evaluación y Prospectiva (ANEP)
Aula de Formación de Informática (AFI)
Centro Universitario de Formación e Innovación Educativa (CUFIE)
Centro de Linguas
Observatorio Ocupacional
Normalización lingüística
Universidade Senior
Publicacións
Unidade Técnica de Calidade (UTC)
Oficina de Cooperación e Voluntariado
Oficina para a igualdade,
Servizos de Apoio á Investigación
Proxección internacional
Centro de investigación en Tecnoloxías da información e das comunicacións (CITIC)
Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñaría Civil (CITEEC)
Area de Deportes
Oficina do Medio Ambiente
Servizo de Asesoramento e Promoción do Estudante (SAPE)
Responsable de análise e xestión de datos
- Redución equivalente a secretario/a de departamento dos seguintes cargos:
Subdirector/a da Universidade Senior,
Delegado/a do SAPE en Ferrol
Responsable da Clínica Podolóxica
Director/a programa no Ceida
Asesor/a da área de urbanismo
Coordinador/a do Curso de Aptitude Pedagóxica (CAP)
- Centro de Linguas: redución 80 horas en total, repartido entre o equipo directivo do Centro de Linguas, excluído/a o/a director/a