Os concursos para a provisión de prazas de persoal docente e investigador interino e laboral contratado, rexeranse polas bases da correspondente convocatoria e polo disposto na normativa seguinte:
2.1. A convocatoria do concurso definirá a praza polo nome da súa área de coñecemento, indicando o departamento a que corresponde. Así mesmo, especificará as actividades a realizar por quen obtiver a praza, referidas a unha ou varias materias das que se cursen para a obtención de títulos oficiais.
A existencia das especificacións indicadas en ningún caso suporá, para quen obtiver a praza, un dereito de vinculación exclusiva a esa actividade docente, nin limitará a competencia da Universidade para lle asignar outras obrigas docentes e/ou investigadoras, de acordo coas funcións que a LOU establece para cada modalidade de contratación.
2.2. As instancias solicitando tomar parte no concurso presentaranse no Rexistro Xeral da Universidade ou nos rexistros auxiliares de Elviña ou de Ferrol, ou por calquera dos procedementos establecidos no artigo 38 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE de 27 de novembro), utilizando o modelo oficial que se facilitará na Reitoría, na Vicerreitoría do Campus de Ferrol e na páxina web da universidade. Nos mesmos lugares será facilitado o modelo de "curriculum vitae".
2.3. Presentarase unha instancia e currículo por cada unha das prazas a que se aspire.
2.4. O prazo de presentación das solicitudes non poderá ser inferior a dez días e a data do seu remate deberá figurar na convocatoria.
Para concursar a cada unha das categorías do persoal docente e investigador interino e contratado laboral, as persoas aspirantes deberán cumprir os seguintes requisitos no derradeiro día do prazo de presentación de solicitudes.
3.1 Requisitos de carácter xeral:
Os requisitos c), d) e e) deberán ser acreditados no acto de sinatura do contrato.
3.2 Requisitos específicos para cada figura:
4.1. As persoas aspirantes, para seren admitidas no proceso de selección, acompañarán á súa instancia cos seguintes documentos:
4.2. Os documentos que constitúan o "curriculum vitae" do concursante presentaranse encadernados e foliados, estendendo ao final unha dilixencia axustada ao modelo que figura como Anexo V da presente normativa .
Pola súa parte, o Rexistro da Universidade, despois de feitas as comprobacións pertinentes, incorporará a continuación outra dilixencia axustada ao modelo que figura no mesmo anexo.
5.1. Rematado o prazo de presentación de solicitudes, no prazo máximo de dez días naturais publicarase a relación de persoas aspirantes admitidas e excluídas, que se fará pública no taboleiro de anuncios da Reitoría da Universidade, Vicerreitoría do Campus de Ferrol e na páxina web da universidade, con mención expresa do nome, apelidos e documento nacional de identidade e, se for o caso, as causas de exclusión.
5.2. As persoas aspirantes excluídas disporán dun prazo de dez días, contados a partir do seguinte ao da publicación da referida relación, para corrixiren o defecto que motivase a exclusión. Transcorrido o devandito prazo, o reitor ditará resolución declarando aprobada a lista definitiva de persoas admitidas e excluídas, que se publicará nos lugares indicados.
5.3. De acordo co previsto no artigo 59.6.b da Lei 30/1992, de 26 de novembro, estas publicacións substituirán a notificación persoal aos interesados e producirán os mesmos efectos que a notificación persoal.
6.1. De acordo co previsto no art. 13.2. do Decreto 266/2002, do 6 de setembro, de contratación do profesorado universitario, as comisións de selección estarán formadas por cinco profesores con titulación, categoría e dedicación igual ou superior á sinalada para ocupar a praza convocada.
6.2. Ademais, formará parte da comisión de selección un membro proposto pola representación dos traballadores sempre e cando sexa designado no prazo de dez días desde a notificación por parte da universidade; rematado este prazo se a designación non tivese lugar, decaerá neste dereito. Este representante actuará con voz e sen voto.
6.3. Segundo o art. 83 dos Estatutos da UDC, as comisións de selección do persoal docente e investigador contratado estarán presididas polo decano ou director do centro e formarán parte dela o director do departamento a que se adscriba a praza, que actuará como secretario, e tres membros da área de coñecemento da praza obxecto do concurso, nomeados polo Consello de Goberno a partir dunha proposta de cinco membros, realizada polo Consello de Departamento, sendo funcionario ao menos un deles.
De non existir número suficiente de profesores na área que reúnan os requisitos sinalados no apartado 6.1, designaranse profesores das áreas afíns que establece o anexo IV desta normativa. No caso de persistir a insuficiencia, serán designados por sorteo entre profesores das áreas con docencia na mesma titulación por teren materias troncais nos planos de estudo.
Da mesma maneira, deberán nomearse os membros suplentes das comisións, en previsión dos supostos a que se refire o artigo seguinte.
6.4. O nomeamento como membro dunha comisión é irrenunciable, agás cando concorra causa xustificada que impedir a súa actuación como membro dela. Neste caso, a apreciación da causa alegada corresponde ao reitor, que deberá resolver, nun prazo de tres días a contar desde a recepción da renuncia, procedéndose á substitución polo correspondente suplente.
De calquera xeito, os membros das comisións en que se dea algunha das causas sinaladas non art. 28 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común do 26 de novembro de 1992 (BOE 27 de novembro) deberán absterse de intervir e comunicarano ao reitor para a designación do suplente no prazo de tres días sinalado no parágrafo anterior.
6.5. Nos casos de ausencia ou causa xustificada que impediren a actuación do presidente ou do secretario da comisión, estes serán substituídos respectivamente polo vicedecano ou profesor do centro de maior categoría e antigüidade e polo profesor do departamento de maior categoría e antigüidade.
6.6. A composición das comisións de selección farase pública na resolución que aprobe as relacións definitivas de aspirantes admitidos e excluídos ao concurso.
6.7. A selección efectuarase con respecto aos principios constitucionais de igualdade, mérito e capacidade. Considerarase mérito preferente estar habilitado para participar nos concursos a que se refire o artigo 63 da Lei orgánica de universidades.
6.8. Considerarase mérito preferente estar habilitado para participar nos concursos a que se refire o artigo 62 da Lei orgánica de universidades.
6.9. Será mérito preferente a estadía do candidato en universidades ou centros de investigación de recoñecido prestixio, españois ou estranxeiros, distintos da universidade da Coruña.
7.1. Unha vez publicada a relación definitiva de aspirantes e a composición da comisión, o rresidente desta procederá, no prazo de sete días, a constituíla.
Se por causa xustificada a comisión non se puidese reunir no referido prazo de sete días a contar desde a publicación da lista definitiva, o presidente deberá sinalar a data concreta da reunión dentro dos sete días seguintes, que fará pública no taboleiro de anuncios do centro cunha antelación mínima de dous días.
7.2. Transcorridos os prazos antes indicados sen que se constitúa a comisión, o reitor procederá a nomear un novo presidente.
7.3. A comisión actuará sempre no centro a que pertenza o presidente.
7.4. As comisións quedarán validamente constituídas coa presenza de cando menos catro dos seus membros con dereito a voto.
7.5. No mesmo acto de constitución, a comisión establecerá os criterios de avaliación, dentro dos límites establecidos polo baremo sinalado nesta normativa, que, en calquera caso, terán en conta os principios de mérito e capacidade dos aspirantes. No caso de prazas convocadas en cumprimento da disposición transitoria terceira dos vixentes Estatutos, a comisión deberá puntuar tamén os apartados específicos contemplados nos correspondentes baremos.
Os criterios faranse públicos no taboleiro do centro. Unha vez publicados, os membros da comisión poderán acceder á documentación presentada que até ese momento permanecerá precintada baixo a custodia do presidente.
Nos concursos para a selección de contratados doutores seguirase o procedemento de selección que figura no anexo II, agás no previsto na disposición transitoria terceira dos Estatutos para o profesorado da UDC.
7.6. Os acordos das comisións, que serán sempre motivados, adoptaranse por maioría. No caso de empate decidirá o voto de calidade do presidente.
8.1. As Comisións redactarán unha acta en que se reflectirá a puntuación acadada por cada un dos concursantes, seguindo todos e cada un dos apartados do baremo que se establece no anexo I da presente normativa.
No caso dos contratados doutores redactarase unha acta de cada unha das probas, á que se xuntarán os informes a que se refire o procedemento de selección.
8.2. Seguidamente, formularán a súa proposta de resolución, en que figurará a persoa candidata ou candidatas seleccionadas por orde de puntuación.
8.3. Se a comisión considerar que ningunha das persoas aspirantes admitidas reúne os méritos suficientes para desempeñar a praza obxecto de concurso, poderá propoñer a non provisión da praza, xustificando pormenorizadamente, á vista do baremo establecido, as causas que motivan tal proposta.
8.4. Esa proposta de resolución farase pública no taboleiro de anuncios do centro xunto coa acta das cualificacións, concedéndolle a cada unha das persoas concursantes un prazo de cinco días, contados a partir da publicación, para poderen presentar reclamacións razoadas contra esta proposta.
8.5. As reclamacións deberán ser dirixidas ao presidente da comisión e entregadas no rexistro do centro en que aquela actúe.
8.6. Transcorrido o prazo, e no suposto de que non se presentase reclamación ningunha contra a proposta, o presidente da comisión remitirá todas as actuacións practicadas á Reitoría, aos efectos da resolución definitiva do concurso e expedición do nomeamento ou formalización do correspondente contrato.
8.7. No suposto de que se presentase reclamación, ou se propoña a non provisión da praza, a comisión encargada de xulgar a praza dará traslado do expediente administrativo do concurso á Comisión de Reclamacións, xunto co informe razoado da comisión de selección sobre as reclamacións presentadas, e suspenderase o nomeamento ou a contratación até que recaia resolución reitoral.
9.1. A Comisión de Reclamacións deberá formular a súa proposta razoada no prazo máximo de dez días desde a recepción das actuacións ou expediente administrativo do concurso.
9.2. A Comisión de Reclamacións adoptará os seus acordos por maioría, e remitirá seguidamente o expediente á Reitoría.
10.1. Recibido o expediente administrativo do concurso, o reitor ditará resolución, atribuíndo a praza á persoa seleccionada pola Comisión encargada de xulgala ou, no caso de ser presentada reclamación, pola Comisión de Reclamacións, nos termos previstos no artigo 54 da Lei 30/1992.
10.2. A resolución farase pública nos taboleiros de anuncios da Reitoría e na Vicerreitoría do Campus de Ferrol, así como na páxina web da universidade. Esta publicación substituirá a notificación persoal aos interesados e producirá os mesmos efectos, segundo o previsto no art 59.6.b da Lei 30/1992, de 26 de novembro.
10.3. Contra esa resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, a contar desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co art. 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Previamente, e con carácter potestativo, poderase interpoñer recurso de reposición perante o reitor, no prazo dun mes, de acordo co establecido no art. 116 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro).
11.1. A persoa candidata a que se lle adxudicou a praza deberá presentarse nun prazo de dez días no Servizo de Persoal Docente e Investigador para a formalización do nomeamento ou contrato. Se houber lugar a presentación de solicitude de autorización de compatibilidade o prazo para o nomeamento ou contratación quedará automaticamente prorrogado até a súa resolución.
11.2. O candidato incorporarase á súa función ao día seguinte ao da formalización do nomeamento ou contrato perante o decano ou director do centro, que dará conta da incorporación ao vicerreitor de Profesorado.
11.3. No suposto de que a persoa candidata exercese outra actividade manifestamente incompatible, renunciara á praza ou non chegase a incorporarse no prazo sinalado, o reitor procederá a asignar a praza ao seguinte concursante segundo a orde de puntuación que figure na proposta, se existir, ou deixará deserta a praza, ordenando a apertura de novo concurso.
Valoraranse neste apartado as titulacións segundo a súa adecuación para o desempeño da praza convocada até un máximo de 26 puntos, distribuídos do seguinte xeito:
1.1. Expediente académico: máximo 20 puntos
1.2. Estudos de terceiro ciclo: máximo 2 puntos, en función da cualificación
1.3. Tese de doutoramento: máximo 2 puntos, en función da cualificación
1.4. Premio extraordinario de licenciatura: máximo 2 puntos
2.1. Bolsas de posgrao: máximo 2 puntos, até 0,5 puntos por ano de bolseiro.
2.2. Estancias formativas noutras universidades ou centros de investigación: até 0,25 puntos por mes cun máximo de 3 puntos.
2.3. Colaboración como bolseiro na docencia, cun mínimo de 30 horas: até 1 punto por ano, cun máximo de 3 puntos.
2.4. Participación en proxectos de investigación, publicacións, comunicacións a congresos etc.: máximo 10 puntos. Se estes méritos son obtidos despois de transcurridos 6 anos dende a obtención do título de licenciado, arquitecto ou enxeñeiro, a puntuación correspondente a este período será multiplicada por un coeficiente de 0,3.
(*) 2.5. Actividade investigadora desenvolvida na Universidade da Coruña: máximo 4 puntos.
3.1. Outros Estudos de grao ou posgrago: máximo 3 puntos.
3.2. Cursos recibidos: máximo 0,5 puntos
3.3. Cursos impartidos: máximo 1 punto.
3.4. Coñecemento de idiomas: até 0,5 puntos por idioma, cun máximo de 1,5 puntos.
3.5. Coñecemento da lingua propia da comunidade autónoma e da UDC: máximo 1 punto.
3.6. Outros méritos: até un máximo de 2,5 puntos.
NOTA: As puntuacións máximas nos apartados de tese de doutoramento, docencia no ámbito universitario, colaboración como bolseiros e traballos publicados, corresponderán a actividades realizadas na área de coñecemento da praza obxecto do concurso, de tratarse de área afín a puntuación máxima será a metade.
As actividades como profesor titor da UNED incluiranse no apartado de outros méritos.
Valoraranse neste apartado as titulacións segundo a súa adecuación para o desempeño da praza convocada até un máximo de 20 puntos, distribuídos do seguinte xeito:
1.1. Expediente académico: máximo 12 puntos.
1.2. Estudos de terceiro ciclo: máximo 2 puntos, en función da cualificación..
1.3. Tese de doutoramento: máximo 4 puntos, en función da cualificación.
1.4. Premios extraordinarios: máximo 2 puntos
2.1. Docencia no ámbito universitario con dedicación a tempo completo: 3 puntos por ano.
2.2. Docencia no ámbito universitario con dedicación a tempo parcial (6 horas lectivas semanais): 2 puntos por ano
2.3. Docencia no ámbito universitario con dedicación a tempo parcial (3 horas lectivas semanais): 1 punto por ano.
2.4. Colaboración como bolseiro na docencia cun mínimo de 30 horas: até 1 punto por ano, cun máximo de 3 puntos.
2.5. Docencia non universitaria: 0,25 puntos por ano.
2.6. Participación en accións de formación e innovación educativa: máximo 4 puntos.
(*) 2.7. Actividade docente desenvolvida na Universidade da Coruña: máximo 4 puntos.
3.1. Bolsas de posgrao: máximo 2 puntos, até 0,5 puntos por ano de bolseiro.
3.2. Estadías formativas noutras universidades ou centros de investigación de recoñecido prestixio distintos da universidade na que está contratado en calquera das figuras LOU: até 0,5 puntos por mes até un máximo de 9 puntos.
3.3. Participación en proxectos de investigación, publicacións, comunicacións a congresos etc.: máximo 13 puntos
(*) 3.4. Actividade investigadora desenvolvida na Universidade da Coruña: máximo 6 puntos.
4.1. Outros Estudos de grao ou posgrao: máximo 3 puntos.
4.2. Cursos recibidos: máximo 0,5 puntos
4.3. Cursos impartidos: máximo 1 punto.
4.4. Coñecemento de idiomas: até 0,5 puntos por idioma, cun máximo de 1,5 puntos.
4.5. Coñecemento da lingua propia da comunidade autónoma e da UDC: máximo 1 punto.
4.6. Outros méritos: até un máximo de 2,5 puntos.
NOTA: As puntuacións máximas nos apartados de tese de doutoramento, docencia no ámbito universitario, colaboración como bolseiros, e traballos publicados, corresponderán a actividades realizadas na área de coñecemento da praza obxecto do concurso, de tratarse de área afín a puntuación máxima será a metade.
As actividades como profesor titor da UNED incluiranse no apartado de outros méritos.
Valoraranse neste apartado as titulacións segundo a súa adecuación para o desempeño da praza convocada até un máximo de 13 puntos, distribuídos do seguinte xeito:
1.1. Expediente académico: máximo 8 puntos.
1.2. Estudos de terceiro ciclo: máximo 1 punto, en función da cualificación.
1.3. Tese de doutoramento: máximo 2 puntos, en función da cualificación.
1.4. Premios extraordinarios: máximo 2 puntos
2.1. Docencia no ámbito universitario con dedicación a tempo completo: 3 puntos por ano.
2.2. Docencia no ámbito universitario con dedicación a tempo parcial (6 horas lectivas semanais): 2 puntos por ano
2.3. Docencia no ámbito universitario con dedicación a tempo parcial (3 horas lectivas semanais): 1 punto por ano
2.4. Colaboración como bolseiro na docencia cun mínimo de 30 horas: até 0,50 puntos por ano.
2.5. Docencia non universitaria: até 0,25 puntos por ano.
2.6. Participación en accións de formación e innovación educativa: máximo 4 puntos.
(*) 2.7. Actividade docente desenvolvida na Universidade da Coruña: máximo 10 puntos.
3.1. Bolsas de posgrao competitivas: máximo 1 punto.
3.2. Estancias formativas noutras universidades: máximo 2 puntos.
3.3. Participación en proxectos de investigación, publicacións, comunicacións a congresos etc.: máximo 7 puntos
(*) 3.4. Actividade investigadora desenvolvida na Universidade da Coruña: máximo 3 puntos.
5.1. Outros Estudos de grao ou posgrao: máximo 3 puntos.
5.2. Cursos recibidos: máximo 0,5 puntos
5.3. Cursos impartidos: máximo 1 punto.
5.4. Coñecemento de idiomas: até 0,5 puntos por idioma, cun máximo de 1,5 puntos.
5.5. Coñecemento da lingua propia da Comunidade Autónoma e da UDC: máximo 1 punto.
5.6. Outros méritos: até un máximo de 2,5 puntos.
NOTA: As puntuacións máximas nos apartados de tese de doutoramento, docencia no ámbito universitario, colaboración como bolseiros, e traballos publicados, corresponderán a actividades realizadas na área de coñecemento da praza obxecto do concurso, de tratarse de área afín a puntuación máxima será a metade.
As actividades como profesor titor da UNED incluiranse no apartado de outros méritos.
Valoraranse neste apartado as titulacións segundo a súa adecuación para o desempeño da praza convocada até un máximo de 6,5 puntos, distribuídos do seguinte xeito:
1.1. Expediente académico: máximo 2 puntos.
1.2. Estudos de terceiro ciclo: máximo 0,5 puntos, en función da cualificación.
1.3. Tese de doutoramento: máximo 2 puntos, en función da cualificación.
1.4. Premios extraordinarios: máximo 2 puntos
2.1. Docencia no ámbito universitario con dedicación a tempo completo: 3 puntos por ano.
2.2. Docencia no ámbito universitario con dedicación a tempo parcial (6 horas lectivas semanais): 2 puntos por ano
2.3. Docencia no ámbito universitario con dedicación a tempo parcial (3 horas lectivas semanais): 1 punto por ano
2.4. Colaboración como bolseiro na docencia cun mínimo de 30 horas: até 0,50 puntos por ano.
2.5. Docencia non universitaria: até 0,25 puntos por ano.
2.6. Participación en accións de formación e innovación educativa: máximo 4 puntos.
(*) 2.7. Actividade docente desenvolvida na Universidade da Coruña: máximo 8 puntos.
3.1. Bolsas de posgrao competitivas: máximo 2 puntos.
3.2. Estancias formativas ou como profesor invitado noutras universidades: máximo 4 puntos.
3.3. Participación en proxectos de investigación, publicacións, comunicacións a congresos etc.: máximo 22 puntos
(*) 3.4. Actividade investigadora desenvolvida na Universidade de Coruña: máximo 10 puntos.
4.1. 5 puntos por ter a condición de habilitado para acceder ao corpo de profesores titulares de universidade.
4.2. Outros estudos de grao ou posgrao: máximo 3 puntos.
4.3. Cursos recibidos: máximo 0,5 puntos
4.4. Cursos impartidos: máximo 1 punto.
4.5. Coñecemento de idiomas: até 0,5 puntos por idioma, cun máximo de 1,5 puntos.
4.6. Coñecemento da lingua propia da comunidade autónoma e da UDC: máximo 1 punto.
4.7. Outros méritos: até un máximo de 2,5 puntos.
NOTA: As puntuacións máximas nos apartados de tese de doutoramento, docencia no ámbito universitario, colaboración como bolseiros, e traballos publicados, corresponderán a actividades realizadas na área de coñecemento da praza obxecto do concurso, de tratarse de área afín a puntuación máxima será a metade.
As actividades como profesor titor da UNED incluiranse no apartado de outros méritos.
Valoraranse neste apartado as titulacións segundo a súa adecuación para o desempeño da praza convocada até un máximo de 7,5 puntos, distribuídos do seguinte xeito:
1.1. Expediente académico: máximo 3 puntos
1.2. Estudos de terceiro ciclo: máximo 1 punto, en función da cualificación.
1.3. Tese de doutoramento: máximo 1,5 puntos.
1.4. Premios extraordinarios: máximo 2 puntos
Neste apartado computarase expresamente o coñecemento da lingua propia da comunidade autónoma e da UDC
NOTA: As puntuacións máximas nos apartados de tese de doutoramento, docencia no ámbito universitario, colaboración como bolseiros, e traballos publicados, corresponderán a actividades realizadas na área de coñecemento da praza obxecto do concurso, de tratarse de área afín a puntuación máxima será a metade.
As actividades como profesor titor da UNED incluiranse no apartado de outros méritos.
De acordo co establecido no art. 84 dos Estatutos da Universidade da Coruña, a selección dos contratados doutores, agás o previsto na disposición transitoria terceira dos Estatutos para o profesorado da UDC, axustarase ao seguinte procedemento:
1.1. Expediente académico.- Só serán valorables os expedientes académicos dos que achegaren un certificado, ou copia deste, en que se identifique plenamente o titular do certificado e a sinatura da autoridade que o expida, así como o número de convocatorias utilizadas para superar a materia.
Se a titulación fose só de segundo ciclo ou o concursante cursase só o segundo ciclo, deberá presentar a certificación do primeiro ciclo que lle dese acceso aos estudos de segundo ciclo cursados.
Para os efectos destas valoracións, entenderase por convocatorias utilizadas aquelas en que se superou a materia e as anteriores en que apareza a cualificación de suspenso.
Os expedientes académicos expedidos por universidades estranxeiras, de non se poderen valorar do xeito exposto neste apartado, serán valorados como aprobado.
1.2. Acreditación dos estudos de terceiro ciclo.- Deberá acreditarse mediante certificación académica en que figure perfectamente identificado o candidato ou candidata e a sinatura da autoridade que a expide.
1.3. Acreditación da tese de doutoramento.- Deberá realizarse mediante copia do título ou certificación do pagamento dos dereitos, así como documento en que se reflicta o departamento en que realizou a tese, o título e o director desta.
2.1. Docencia universitaria ou en centros públicos non universitarios.- Deberá acreditarse mediante unha certificación de servizos prestados e mais unha certificación en que se especifique a docencia impartida e durante que períodos se impartiu.
2.2. Docencia en centros privados.- Acreditarase mediante a presentación dos contratos e unha certificación do centro en que se especifique a docencia impartida e durante que períodos se impartiu.
Se a docencia fose impartida como bolseiro/a, deberá achegar a credencial da bolsa.
3.1. Acreditación das publicacións, libros, artigos científicos, capítulos de libros etc.
Só serán consideradas como libros aquelas publicacións en que conste o ISBN, e, se for o caso, o depósito legal.
Os concursantes deberán achegar o texto íntegro das publicacións, quer presentando copias, quer orixinais.
Así mesmo, poderán ser valorados os traballos non publicados antes da fin da data do concurso sempre que se achegaren os textos íntegros e certificación da editorial da cal se deduza a súa publicación.
3.2. Acreditación dos relatorios e comunicacións en congresos
Esta acreditación farase cun exemplar (orixinal ou copia) do traballo, así como certificación da organización do congreso, copia do programa ou do índice das actas.
As actas dos congresos non se considerarán para os efectos deste baremo como libros, aínda que tiveren ese formato cos requisitos citados no apartado 1.
3.3. Acreditación da participación en Proxectos de investigación
Só será valorable a participación en proxectos que foren acreditados como tales cunha certificación expedida pola autoridade correspondente de centros oficiais de investigación.
De non poder dispor do devandito certificado, será preciso o informe do investigador principal en que se especifique:
Acompañarase a folla da solicitude do proxecto en que figure a relación do persoal investigador coa súa sinatura e a súa dedicación, así como copia da comunicación da concesión do proxecto. Se a incorporación é posterior ao inicio do desenvolvemento do proxecto, será precisa unha copia do escrito de aceptación da entidade financiadora.
Producirán plenos efectos para a acreditación de participación en proxectos de investigación as certificacións/informes que, reunindo os requisitos recollidos no apartado anterior, foran expedidas con anterioridade á data de remate de presentación de solicitudes fixada nesta convocatoria.
3.4. Acreditación das estadías noutros centros de investigación
Certificación da autoridade que dirixa o centro, departamento, instituto ou equivalente onde se realiza a estadía.
3.5. Acreditación de bolsas ou contratos de investigación equivalentes
Bolsas ou contratos recoñecibles: FPI, predoutorais da comunidade autónoma, e outras bolsas ou contratos de investigación equivalentes recoñecidos como tales pola universidade.
Acreditación: mediante certificado da Vicerreitoría de Investigación onde se indique tipo de bolsa ou contrato equivalente, data de inicio e data de remate.
De non poder dispor do devandito certificado, será precisa unha copia da credencial de bolseiro ou documento emitido pola entidade que concedeu a bolsa en que se especifique a data de concesión e duración desta; no caso dos contratos, será necesario presentar copia do contrato.
3.6. Acreditación doutros méritos
Deberán acreditarse mediante contratos, certificacións ou diplomas en que se identifique correctamente tanto o candidato como a autoridade e institución que o expide.
A xustificación dos méritos alegados deberá realizarse conforme ao que se dispón no Anexo III.
A non presentación do currículo conforme ao establecido neste apartado supoñerá a inadmisión deste
| Área principal | Afinidade 1.º | Afinidade 2.º | Afinidade 3.º | |
| 25 | Anatomía e Anatomía Patolóxica Comparadas | Sanidade Animal | ||
| 28 | Antropoloxía Física | Zooloxía | ||
| 33 | Arqueoloxía | Prehistoria | ||
| 38 | Astronomía e Astrofísica | Física da Terra | ||
| 40 | Biblioteconomía e Documentación | Ciencias e Técnicas Historiográficas | ||
| 83 | Ciencias e Técnicas da Navegación | Construcións Navais | Máquinas e Motores Térmicos | Enxeñaría Mecánica |
| 85 | Ciencias e Técnicas Historiográficas | Historia Antiga | ||
| 95 | Comercialización e Investigación de Mercados | Organización de Empresas | ||
| 100 | Composición Arquitectónica | Expresión Gráfica Arquitectónica | ||
| 105 | Comunicación Audiovisual e Publicidade | Xornalismo | ||
| 110 | Construcións Arquitectónicas | Enxeñaría da Construción | ||
| 115 | Construcións Navais | Máquinas e Motores Técnicos | Ciencias e Técnicas da Navegación | Enxeñaría Mecánica |
| 183 | Dermatoloxía | Medicina | ||
| 185 | Debuxo | Pintura | Escultura | |
| 187 | Didáctica da Expresión Corporal | Educación Física e Deportiva | Didáctica e Organización Escolar | |
| 189 | Didáctica da Expresión Musical | Música | Didáctica da Expresión Plástica | Didáctica e Organización Escolar |
| 193 | Didáctica da Expresión Plástica | Debuxo | Expresión Gráfica Arquitectónica | Composición Arquitectónica |
| 195 | Didáctica da Lingua e a Literatura. | Lingua Española. | ||
| 200 | Didáctica da Matemática | Matemática Aplicada | ||
| 205 | Didáctica das Ciencias Experimentais | Didáctica e Organización Escolar | ||
| 210 | Didáctica das Ciencias Sociais | Didáctica e Organización Escolar | ||
| 245 | Educación Física e Deportiva | Didáctica da Expresión Corporal | Fisioterapia | |
| 247 | Electromagnetismo | Física Aplicada | ||
| 255 | Enfermaría | Medicina. | ||
| 260 | Escultura | Debuxo | Pintura | Historia da Arte |
| 270 | Estética e Teoría das Artes. | Filosofía | Historia da Arte | |
| 275 | Estomatoloxía | Cirurxía | ||
| 285 | Estudos Árabes e Islámicos | Estudos Hebreos e Arameos. | ||
| 290 | Estudos Hebreos e Arameos | Estudos Árabes e Islámicos | ||
| 295 | Explotación de Minas | Prospección e Investigación | Enxeñaría do Terreo | |
| 300 | Expresión Gráfica Arquitectónica | Composición arquitectónica | ||
| 305 | Expresión Gráfica na Enxeñaría | Proxectos e Enxeñaría | Expresión Gráfica Arquitectónica | Enxeñaría Cartográfica |
| 320 | Filoloxía Alemá | Filoloxía Inglesa | ||
| 327 | Filoloxía Eslava | Lingüística Xeral | Lingüística Indoeuropea | |
| 350 | Filoloxía Italiana | Filoloxía Románica | ||
| 365 | Filoloxía Vasca | Lingüística Xeral | Lingua Española | |
| 370 | Filoloxía Galega e Portuguesa | Filoloxía Románica | ||
| 383 | Filosofía Moral | Filosofía. | ||
| 398 | Física da Terra | Astronomía e Astrofísica | ||
| 413 | Fisioterapia | Radioloxía e Medicina Física | Medicina | |
| 427 | Xeodinámica Externa | Xeodinámica Interna | ||
| 428 | Xeodinámica Interna | Xeodinámica Externa | ||
| 430 | Xeografía Física | Análises Xeográficos e Rexional | ||
| 443 | Histoloxía | Bioloxía Celular | ||
| 460 | Historia da Ciencia | Lóxica e Filosofía da Ciencia | ||
| 475 | Historia do Pensamento e dos Movementos Sociais e Políticos |
Ciencia Política e da Administración | ||
| 495 | Enxeñaría Aeroespacial | Enxeñaría Mecánica | ||
| 500 | Enxeñaría Agroforestal | Produción Vexetal | ||
| 505 | Enxeñaría Cartográfica, Xeodésica e Fotogrametría |
Expresión Gráfica na Enxeñaría | Enxeñaría do Terreo | Enxeñaría Agroforestal |
| 510 | Enxeñaría da Construción | Mecánica de Medios Continuos e Teoría de Estruturas | ||
| 515 | Enxeñaría dos Procesos de Fabricación | Enxeñaría Mecánica | ||
| 525 | Enxeñaría do Terreo. | Enxeñaría Hidráulica | ||
| 530 | Enxeñaría e Infraestrutura dos Transportes | Enxeñaría da Construción | Enxeñaría do Terreo | |
| 535 | Enxeñaría Eléctrica | Tecnoloxía Electrónica. | ||
| 540 | Enxeñaría Hidráulica | Enxeñaría do Terreo | ||
| 550 | Enxeñaría Nuclear | Máquinas e Motores Térmicos | ||
| 560 | Enxeñaría Telemática | Arquitectura e Tecnoloxía de Computadores | ||
| 565 | Enxeñaría Téxtil e Papeleira | Enxeñaría Química | ||
| 566 | Inmunoloxía | Anatomía Patolóxica | ||
| 568 | Lingua e Cultura do Extremo Oriente | Lingüística Xeral | ||
| 580 | Lingüística Indoeuropea | Lingüística Xeral | ||
| 590 | Máquinas e Motores Térmicos | Enxeñaría Mecánica | ||
| 600 | Mecánica de Fluídos | Enxeñaría Hidráulica. | ||
| 613 | Medicina Legal e Forense | Toxicoloxía | ||
| 615 | Medicina Preventiva e Saúde Pública | Medicina | ||
| 617 | Medicina e Cirurxía Animal. | Sanidade Animal. | ||
| 625 | Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación |
Psicoloxía Evolutiva e da Educación | ||
| 635 | Música | Historia del Arte | ||
| 645 | Obstetricia e Xinecoloxía | Cirurxía | ||
| 646 | Oftalmoloxía | Cirurxía | ||
| 653 | Otorrinolaringoloxía | Cirurxía | ||
| 660 | Parasitoloxía | Microbioloxía | ||
| 685 | Petroloxía e Petroquímica | Cristalografía e Mineraloxía | ||
| 690 | Pintura | Debuxo. | Escultura | |
| 710 | Prospección e Investigación Mineira | Explotación de Minas | Enxeñaría do Terreo | Petroloxía e Xeoquímica |
| 715 | Proxectos Arquitectónicos | Composición Arquitectónica | ||
| 720 | Proxectos de Enxeñaría | Enxeñaría da Construción | Expresión Gráfica na Enxeñaría | |
| 725 | Psicobioloxía | Psicoloxía Básica | ||
| 745 | Psiquiatría | Medicina | ||
| 770 | Radioloxía e Medicina Física | Medicina | ||
| 790 | Tecnoloxías do Medio Ambiente | Enxeñaría Química. | ||
| 796 | Teoría da Literatura e Literatura Comparada | Literatura Española | ||
| 807 | Toxicoloxía | Medicina Legal e Forense | ||
| 813 | Traballo Social e Servizos Sociais | Ciencia Política e da Administración | ||
| 814 | Tradución e Interpretación | Lingua Española | ||
| 815 | Urbanística e Ordenación do Territorio | Tecnoloxías do Medio Ambiente | Enxeñaría e Infraestrutura dos Transportes |
Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000