Unha das premisas imprescindíbeis da calidade docente e investigadora da nosa universidade é a existencia dun cadro de persoal docente axeitado.
Os orzamentos para o ano 2005 recollen a creación dun total de 20 prazas de profesorado en formación, cunha dupla finalidade: en primeiro lugar, crear prazas de profesorado en formación naquelas áreas que utilizaron conxunturalmente a figura de profesor asociado e soliciten a súa reconversión; en segundo lugar, estimular o traballo daqueles grupos de investigación cuxa produción atinxa cotas de excelencia.
A presente normativa ten por obxecto regular a asignación desas prazas de axudante en condicións de publicidade, transparencia, obxectividade, concorrencia competitiva e non discriminación.
A presente convocatoria ten por obxecto establecer as bases que van rexer o proceso de asignación de axudantías de nova creación a áreas ou grupos de investigación de calidade.
Establécense dúas modalidades de asignación:
Modalidade A
Poderán solicitar unha axudantía de nova creación aquelas áreas de coñecemento que propoñan a minoración da dedicación de profesores asociados da área.Un 80% da (*)capacidade docente da área deberá estar cuberta con docencia de 1º e 2º ciclo.
Modalidade B
Poderán solicitar unha axudantía aqueles grupos de investigación da Universidade da Coruña inscritos na OTRI. A área de coñecemento para a que se solicita a praza debe ter cuberto o 70% da súa capacidade docente con docencia de primeiro e segundo ciclo. Cada grupo só poderá solicitar unha praza de axudante.
(*) A capacidade docente dunha área de coñecemento calcúlase multiplicando o número de profesores da área pola dedicación máxima de cada tipo de praza.
Na modalidade A, serán criterios para ponderar na concesión de axudantías:
Na modalidade B, serán criterios para ponderar:
As solicitudes serán remitidas á Reitoría polos departamentos antes do 19 de marzo, mediante instancia formalizada dirixida ao vicerreitor de Profesorado e acompañada dunha memoria xustificativa da petición.
Reunidas todas as solicitudes, o vicerreitor comprobará que estas presentan toda a documentación, requirindo en caso contrario a súa reparación nun prazo máximo de dez días. De non se corrixir a falta de documentación, declararase arquivada a solicitude por desistimento da persoas solicitantes.
O vicerreitor de Profesorado poderá solicitar os informes que considere oportunos para acreditar os requisitos ou méritos alegados.
Unha vez instruídas as solicitudes, remitiranse á COAP e á Comisión de Investigación, que elaborarán a proposta de resolución en base aos criterios que previamente establezan respectando o disposto nesta normativa.
A resolución final será adoptada polo Consello de Goberno.
O reitor convocará os concursos de provisión das prazas no prazo máximo dun mes desde a realización do Consello de Goberno.
Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000