Desenvolvemento do proceso de concesión que se establece no artigo 5 da normativa reguladora do proceso extraordinario de dotación de prazas de axudante vinculadas á actividade investigadora

As comisións de Investigación e de Organización Académica e de Profesorado, delegadas do Consello de Goberno, reunidas en sesións do 1 de abril de 25 de abril de 2005 respectivamente acordan os seguintes criterios:

  1. Adxudicar un 50% de valoración total á media dos sexenios concedidos nos últimos 8 anos aos integrantes do grupo de investigación que reúnan os requisitos para poderen solicitalos.
  2. O 50% restante incluirá os seguintes conceptos:
    • Patentes, modelos de utilidade e outros resultados da investigación, en especial os que produzan transferencia tecnolóxica do sector produtivo.
    • Participación en proxectos de investigación que se obtivesen en convocatorias públicas e competitivas.
    • Participación en contratos de investigación de especial relevancia en empresas ou na Administración pública e noutras entidades de recoñecido prestixio.
    1. Rexistro da propiedade industrial e intelectual. Puntuación máxima: 5 puntos. No caso de que algunha das solicitudes superase o máximo, farase a ponderación correspondente.
      1.1 Patentes e rexistros da propiedade industrial e intelectual comercializados ou licenciados: 2 puntos.
    2. Participación en proxectos de investigación que se obtivesen en convocatorias públicas e competitivas: puntuación máxima 10 puntos. No caso de que algunha das solicitudes superase o máximo, farase a ponderación correspondente. Teranse en conta para a valoración todos os membros do grupo solicitante pertencentes á Universidade da Coruña. A puntuación correspondente aos membros do grupo, en cada proxecto, non pode nunca superar o 50% da correspondente ao investigador principal.
      2.1 Proxecto europeo: investigador principal (6 puntos), coordinador de grupo (4 puntos), investigador (3 puntos), bolseiro ou contratado (2 puntos)
      2.2 Proxecto estatal: investigador principal (4 puntos), coordinador de grupo (2,5 puntos), investigador (2 puntos), bolseiro ou contratado (1 punto)
      2.3 Investigador Comunidade Autónoma: investigador principal (3 puntos), investigador (1,5 puntos), bolseiro ou contratado (0,5 puntos)
      2.4 Outros proxectos: puntuacións proporcionais aos demais proxectos en función das características da convocatoria e do seu ámbito internacional, provincial ou local.
    3. Participación en contratos de investigación de especial relevancia en empresas ou na Administración pública e noutras entidades de recoñecido prestixio. Puntuación máxima 5 puntos. No caso de que algunha das solicitudes superase o máximo, farase a ponderación correspondente.
      3.1 Puntuación segundo o tipo de participación: dirección técnica, asesoría técnica, investigación, xestión.
    4. Captación de recursos. Puntuación máxima: 7 puntos.
      4.1 Ingresos totais por proxectos e por contratos de investigación, por actividades de asesoría, por auditorías, por informes técnicos, por informes xurídicos etc. (A puntuación tope é igual para cada ámbito científico e acadaríaa o grupo do ámbito que obteña o resultado total de recursos maior e logo ponderarase a puntuación para o resto dos que concorren nese ámbito).
      Neste sentido a comisión considera que debe utilizarse a estrutura de ámbitos presentada no último Consello de Goberno.