Acordo relativoa a axudantes e asociados doutores

(Aprobado na Xunta de Goberno do 29 de setembro de 1999 e modificado o 4 de outubro de 2000)

De cara ao curso académico 2000-2001, a reserva da regulación que estatutariamente se adopte e para un período dun ano (ata o 1 de outubro do 2001) procederase do seguinte xeito:

  1. Os axudantes de universidade que rematen a primeira etapa sen tese de doutoramento poderán ser nomeados bolseiros de apoio á docencia por un período máximo dun ano ou ata que sexan doutores, após informe favorable do departamento correspondente, e cando as necesidades docentes así o aconsellaren.
  2. De acordo coas necesidades docentes, e após informe favorable do Consello de Departamento correspondente, os axudantes de universidade que rematen a súa segunda etapa de contratación poderán ser nomeados profesores titulares interinos de universidade.
  3. Naquelas áreas de especial competitividade, os axudantes de universidade, que rematen a súa segunda etapa de contratación, poderán ser contratados como profesores asociados T3, a tempo completo, por unha soa vez.
  4. Os axudantes de escola universitaria, que rematen a súa segunda etapa de axudantía, poderán ser contratados como profesores asociados T3, a tempo completo, de acordo coas necesidades docentes e após informe favorable do departamento correspondente.
  5. De acordo coas necesidades docentes, e após informe favorable do Consello de Departamento correspondente e demais condicións que se establezan estatutariamente, poderán formalizarse contratos con axudantes de universidade que teñan rematada a súa segunda etapa e con profesores asociados doutores, en condicións económicas e docentes equiparables a profesores titulares interinos de universidade.