O Real decreto 1086/1989, de 28 de agosto (BOE nº 216 do 9 de setembro), sobre retribucións do profesorado universitario (modificado polo RD 1949/95, de 1 de decembro, BOE nº 16, de 18 de xaneiro de 1996, e polo RD 74/2000, de 21 de xaneiro, BOE nº 19, do 22) establece no seu artigo 5.6 o seguinte: "As avaliacións por cada Universidade e pola Comisión Nacional realizaranse unha soa vez ao ano, a estes efectos os interesados formularán as súas solicitudes antes do día 31 de decembro do ano en que se cumpre o pertinente período a avaliar. No seu caso, os correspondentes efectos económicos iniciaranse o 1 de xaneiro do ano seguinte aínda cando a avaliación se efectúe con posterioridade a esta data.”
Esta Vicerreitoría lémbralles que poderán solicitar a avaliación de méritos docentes antes do 31 de decembro de 2012 o profesorado da UDC que reúnan os seguintes requisitos:
As solicitudes, en modelo oficial, deberán formularse ante o reitor da universidade antes do día 31 de decembro de 2012. Non se admitirá a trámite ningunha solicitude presentada con posterioridade.
A Coruña, 13 de novembro de 2012
O vicerreitor de Profesorado e Planificación Docente
Gustavo Rego Veiga
Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000