Normativa de actuación da comisión de avaliación de méritos docentes

(Aprobada na Xunta de Goberno do 23 de maio de 2001 e modificado por acordo do Consello de Goberno do 25 de outubro de 2006)

ÍNDICE

  1. COMISIÓN DE AVALIACIÓN
  2. DOCUMENTACIÓN
  3. REQUISITOS
  4. CRITERIOS XERAIS DE AVALIACIÓN
  5. CRITERIOS PATICULARES DA COMISIÓN

COMISIÓN DE AVALIACIÓN DE MÉRITOS DOCENTES

  1. Excmo. Sr. Vicerreitor de Profesorado
  2. Excmo. Sr. Vicerreitor de Asuntos Económicos
  3. Ilmo. Sr. Secretario Xeral
  4. Ilmo. Sr. Xerente

DOCUMENTACIÓN

  1. Solicitude en modelo oficial. As solicitudes deberán formularse perante o reitor da universidade.
  2. De non constar no seu expediente, deben acreditarse debidamente todas e cada unha das situacións administrativas en que se atopase.
  3. Informe do propio profesor relativo á súa práctica docente.
  4. Informe do Consello de Departamento.
  5. Informe da Xunta de Centro.

REQUISITOS

  1. Solicitalo. A solicitude de avaliación de méritos docentes é voluntaria: "o profesorado universitario poderá someter a actividade docente realizada cada cinco anos en réxime de dedicación a tempo completo ou período equivalente se prestou servizo en réxime de dedicación a tempo parcial, a unha avaliación ante a universidade en que preste os seus servizos..."
  2. Ser funcionario de carreira, en activo, na universidade.
  3. Estar en réxime de dedicación a tempo completo no momento da solicitude.
  4. Que o 31 de decembro do ano da petición teña prestado, como mínimo, un total de cinco anos de servizos docentes.

CRITERIOS XERAIS DE AVALIACIÓN

  1. As avaliacións faranse unha soa vez ao ano.
    1.1. O prazo de presentación de solicitudes remata sempre o último día do ano.
    1.2. A avaliación só poderá ser obxecto de dúas cualificacións, favorable ou non favorable.
    Os períodos valorados negativamente non poderán ser obxecto posteriormente dunha nova solicitude de avaliación.
    As resolucións deberán ser motivadas, especialmente as non favorables. Contra as resolucións poderá interpoñerse recuso de reposición perante o reitor da universidade.
    A comprobación dos datos alegados polos solicitantes, que afecten ao desempeño da súa actividade docente nas universidades españolas, corresponderá á universidade que efectúa a avaliación.
    As Universidades poderán esixir os xustificartes que estimen oportunos.
    1.3. Superada favorablemente a avaliación, o profesor adquirirá e consolidará por cada unha delas un compoñente por méritos docentes de acordo co nivel de complemento de destino (Nivel 29: catedráticos de universidade, nivel 27: titulados de universidade e catedráticos de escola universitaria, nivel 26: titulares de escola universitaria).
    1.4. Os efectos económicos da avaliación serán sempre do 1 de xaneiro seguinte aínda que a avaliación se fixese con posterioridade.
    1.5. Os efectos económicos das solicitudes presentadas con posterioridade ao 31 de decembro do ano en que se cumpra o pertinente período a avaliar comezan a contar o 1 de xaneiro do ano seguinte ao da presentación delas, sen que a actividade docente que exceda deste período poida ser computada para efectos dos sucesivos períodos a avaliar.
  2. Computaranse como dedicación a tempo completo os servizos prestados en:
    2.1. Dedicación exclusiva.
    2.2. Encargados de curso de niveis C e D.
  3. Os servizos prestados en réxime de dedicación a tempo parcial serán valorados co coeficiente reductor de 0.5.
  4. O calculo de períodos de cinco anos farase do seguinte xeito:
    4.1. Os servizos prestados, ata o acceso a unha praza numeraria, considéranse como prestados no corpo en que se ingresou.
    4.2. Cando se cambie de corpo ou praza antes de completar un novo período de cinco anos, o período sen avaliar considérase como prestado no novo corpo ou praza.
    4.3. O profesor que cambie de corpo ou pase a ocupar outra praza do mesmo corpo conservará no novo corpo ou praza o compoñente por méritos docentes que tivese adquirido no anterior corpo ou praza, a que se lle acumulará o que puider obter en sucesivas avaliacións (art. 2,3,c)
    4.4. Considéranse válidos para este cálculo os anos transcorridos en:
    4.4.1. Corpos docentes universitarios.
    4.4.2. No CSIC ou outros organismos públicos de investigación.
    4.4.3. En universidades ou centros de investigación estranxeiros ou privados.
    4.4.4. Os servizos prestados en ensinanzas que foron integradas na universidade como ensinanzas oficiais serán consideradas, para efectos da presente Orde, como servizos prestados na universidade (Orde do 3 de novembro de 1989).
    4.4.5. O tempo que acredite o Ministerio de Educación prestado na realización de programas ou accións do dito departamento ou homologadas ás concedidas por este, para a formación do profesorado e do persoal investigador en España e no estranxeiro
    4.5. En ningún caso un mesmo período de tempo poderá ser sumado máis dunha vez.
    4.6. Estudiaranse todas as situacións que puideren presentarse, sempre que os servizos prestados o fosen coa condición de profesor universitario.
  5. O complemento de méritos docentes non poderá exceder do resultado de superar favorablemente seis avaliacións.
  6. Resolucións A resolución indicará o período de actividade docente avaliado, as cualificacións obtidas e a data en que se inicia o cómputo temporal para a seguinte avaliación.

CRITERIOS PARTICULARES DA COMISIÓN

Resolución do 26 de setembro de 1989 (BOE nº 239, 5 de outubro)

  1. Os méritos han de ser avaliados obxectivamente. A universidade terá en conta as condicións obxectivas en que se realizou a función docente.
    1.1. A fixación dos criterios deberá inserirse nun sistema que establece a avaliación da actividade docente como elemento diferenciador das retribucións.
    1.2. Estimarase suficiente para unha avaliación positiva o correcto cumprimento das obrigas docentes, tales como réxime horario, asistencia a alumnos, titorías e docencia en terceiro ciclo.
  2. As actividades que serán obxecto de avaliación son:
    2.1. A docencia en primeiro, segundo e terceiro ciclo, examinando especialmente os seguintes aspectos: nivel obxectivable do cumprimento das obrigas docentes, congruencia entre os obxectivos docentes e a avaliación efectuada destes obxectivos; atención e asistencia aos alumnos, cumprimento dos obxectivos didácticos. A Comisión avaliadora terá en conta os resultados das enquisas dos alumnos, que deberán responder a un modelo suficientemente contrastado e aprobado polo órgano colexiado correspondente; será pública antes da súa realización e garantirá o anonimato.
    Ponderación: 70% da cualificación total.
    2.2. As actividades de extensión universitaria, cursos de perfeccionamento, títulos propios das universidades, tarefas directamente relacionadas coa docencia en programas de posgrao ou outras actividades docentes institucionais de cada universidade, incluíndo entre estas as realizadas polo profesor durante os permisos ou licenzas por estudos concedidos pola universidade.
    Ponderación: 15% da cualificación total.
    2.3. As actividades do servizo á comunidade universitaria e participación nesta.
    Ponderación: 15% da cualificación total.
    2.4. O profesor solicitante deberá obter como mínimo o 50% da cualificación para que lle sexa concedido un quinquenio.
  3. Nesta avaliación poderán utilizarse informe externos á universidade.
  4. Unha vez que o órgano da universidade que asumira a responsabilidade final da avaliación realice esta e antes do outorgamento do oportuno complemento específico pola actividade docente, será oída a Xunta de Persoal Docente e Investigador da Universidade.

ACORDO SOBRE O RECOÑECEMENTO DOS SEXENIOS DE DOCENCIA DOS PROFESORES DE ENSINO MEDIO

A Comisión de Méritos docentes da Universidade da Coruña, reunida o día 14 de marzo de 2001, en función do aprobado na Xunta de Goberno ao respecto, e tendo en conta o informe emitido pola Asesoría Xurídica da Universidade da Coruña, coa cautela das posibles interpretacións que puidese facer a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria noutro sentido, interpretou a Disposición adicional segunda do Decreto 74/2000 onde se di:

"A los profesores de Cuerpos docentes no universitarios que accedan a los Cuerpos docentes universitarios se les asignará, cuando ingresen en estos últimos Cuerpos, una retribución del componente por méritos docentes del complemento específico de la misma cuantía que tengan reconocida por ese concepto en la función pública docente de la que prodedan.

Lo establecido en el párrafo anterior será de aplicación, asimismo, a los profesores procedentes de Cuerpos docentes no universitarios que, con anterioridad a la entrada en vigor del presente Real Decreto, han accedido a Cuerpos docentes universitarios".

no seguinte sentido:

  1. Recoñecer, á vista do certificado emitido pola Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, os sexenios de docencia recoñecidos en ensino medio, a retribución dos cales se estivese percibindo.
  2. Contabilizar e aboar os tramos de docencia de seis anos desenvolvidos en ensino medio, cumpridos antes de que entrase en vigor o convenio subscrito pola Consellería de Educación, debidamente certificados por dita Consellería e sempre que non fosen xa avaliados en méritos de docencia universitaria.
  3. Non recoñecer nin validar os anos "soltos", é dicir, aqueles que non formen tramos completos de seis anos, coa finalidade de unilos e completar quinquenios de docencia universitaria.
  4. Incorporación inmediata dos sexenios de docencia non universitaria recoñecidos dos profesores que accedan ao ensino universitario con Categoría de Numerarios, con efectos económicos do día da súa incorporación á Universidade.
  5. Esta retribución acumularase á que poidan ter recoñecida polas valoracións efectuadas conforme ao Decreto 1086/1989, ou que puidesen obter no futuro, sempre co límite fixado no apartado 5.9 do artigo 2 de que "en ningún caso, la cuantía anual del componente del complemento específico por méritos docentes ni la del complemento de productividad podrá exceder del resultado de superar favorablemente seis evaluaciones".
  6. A Comisión entende que os efectos económicos dos dous primeiros supostos, sempre que os profesores o solicitaran, han de referirse á data da publicación do Real Decreto 74/2000 no BOE (22/01/2000)