Acordo do consello de goberno da UCD de 22 de xuño de 2010

polo que se asimilan determinados cargos de xestión aos cargos acadèmicos establecidos nos estatutos da universidade, a efectos do disposto no real decreto 1312/2007, De 5 de outubro, Polo que se esablece a acreditación nacional para o acceso aos corpos docentes universitarios

O Real Decreto 1312/2007, de 5 de outubro, polo que se establece a acreditación nacional para o acceso aos corpos docentes universitarios (BOE do 6 de outubro), establece na súa disposición adicional primeira que no procedemento de acreditación para profesores titulares de universidade, do profesorado que pertenza ao Corpo de Titulares de Escolas Universitarias que posúan o título de Doutor, valorarase a investigación, a xestión e, particularmente, a docencia.

No apartado 4 do anexo do citado Real decreto establécense os criterios de avaliación refedidos a experiencia en xestión e administración educativa, científica, tecnológica e outros méritos:

O apartado 4.A., referido á experiencia en xestión, contempla o “Desempeño de cargos unipersoais de responsabilidade en xestión universitaria recollidos nos estatutos das universidades, ou que sexan asimilados, ou organismos públicos de investigación durante polo menos un ano”.

O apartado 4.B. contempla o desempeño de postos no el ámbito educativo, científico ou tecnolóxico dentro da Administración Xeral do Estado ou das comunidades autónomas durante al menos un año.

Para a acreditación dos profesores ou profesoras titulares de escola universitaria, que posúan o título de doutor, ao corpo de profesores titulares de universidade, e para os únicos efectos do que establece o Real Decreto 1312/2007, o Consello de Goberno acorda asimilar aos seguintes cargos académicos recollidos nos Estatutos os cargos de xestión que se relacionan no anexo e que teñen responsabilidades na coordinación e execución da política universitaria.

O recoñecemento desta asimilación producirase cando os devanditos cargos teñan sido exercidos con posterioridade á entrada en vigor dos Estatutos da Universidade da Coruña, aprobados por Decreto 253/1992, do 10 de setembro (DOG 17 de setembro).

Anexo