Procedemento para matrícula e cualificacións de créditos por equivalencia a prácticas en empresas

  • A Xunta de Centro ou Comisión en que delegar realizará a asignación dos alumnos ás distintas empresas en que vaian realizar as prácticas para os efectos da sinatura do correspondente convenio.
  • No convenio figurará o número de créditos que se lle recoñecerá ao estudante no expediente acedémico e a equivalencia co tipo de materia de acordo co plano de estudos vixente, especificando o nome da materia no caso de que se trate de materias troncais ou obrigatorias.
  • Unha vez asinado o convenio o alumno dispón dun prazo de dez días hábiles para realizar a matrícula. No caso de materias optativas ou de libre elección a matrícula realizarase en número de créditos de optativas ou número de créditos de libre elección que corresponda. No caso de materias obrigatorias ou troncais matricularase na materia correspondente.
  • Á vista dos informes presentados polo estudante e o titor, a Xunta de Escola ou Comisión en quen delegar realizará unha valoración do nivel acadado polo estudante que se traducirá na correspondente cualificación.
  • No caso de ser valorada positivamente a cualificación obtida (aprobado, notable, sobresaliente) figurará na correspondente acta ou no expediente do alumno, segundo o establecido no apartado 1.5 das Normas de Cualificacións e Actas.
    Noutro caso as prácticas realizadas non terán valor acedémico e non haberá constancia delas no expediente académico do estudante.

Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000