Instrución sobre as vías de legalización dos documentos extranxeiros para os efectos de validación de estudos no extranxeiro

Os procedementos administrativos de validación de estudos cursados no estranxeiro a que se refire a Normativa de Validacións e Adaptacións, aprobada pola Xunta de Goberno da UDC na súa sesión de 27 de xuño de 2001, en que se esixa a presentación de documentos estranxeiros estarán suxeitos ás seguintes normas:

  1. Tradución oficial:
    Todos os documentos expedidos en idioma estranxeiro deberán acompañarse da súa tradución ao español, que poderá facer:
    1. calquera representación diplomática ou consular do Estado español no estranxeiro;
    2. a representación diplomática ou consular en España do país de que é cidadán o solicitante ou, no seu caso, do de procedencia do documento;
    3. un tradutor xurado, debidamente autorizado ou inscrito en España.
    A tradución poderá realizarse por cauces distintos aos anteriores exclusivamente cando se trate de documentos redactados en lingua inglesa, francesa, portuguesa ou italiana, a comprobación efectuaraa de oficio a propia Universidade da Coruña. No caso de discrepancia respecto ao contido daquela tradución, prevalecerá a interpretación efectuada pola Universidade da Coruña, sen prexuízo do dereito que asiste ao interesado de acollerse aos cauces de tradución sinalados nas letras a, b ou c.
  2. Legalización de documentos:
    Os documentos expedidos no estranxeiro deberán estar legalizados por vía diplomática de acordo coas esixencias seguintes:
    1. para legalizar os documentos procedentes dos países pertencentes á Unión Europea será suficiente que as autoridades do país de procedencia que sexan competentes para expedir o documento estendan a oportuna apostila:
    2. no resto dos casos, os documentos deberán presentarse nalgún dos organismos seguintes:
      • o Ministerio de Educación do país de orixe para certificados de estudos e ministerio correspondente para certificados de nacemento e nacionalidade.
      • o Ministerio de Asuntos Exteriores do país onde se expediron os documentos.
      • a representación diplomática ou consular de España nese país.
      • calquera outras autoridades españolas competentes para a legalización.