Coa finalidade de aclarar o disposto na Orde do Ministerio de Educación e Ciencia de 8 de xullo de 1988, para a aplicación dos Reais decretos 185/1985, de 23 de xaneiro, e 1496/1987, de 6 de novembro, en materia de expedición de títulos universitarios oficiais, na orde do Ministerio en relación á expedición, a Resolución reitoral de 31 de outubro de Educación e Ciencia de 24 de decembro de 1988 que a modifica de 1995, pola que se regula o procedemento de expedición de títulos universitarios oficiais, e na Resolución reitoral de 2 de xaneiro de 2003 que a modifica, conforme co disposto nas ordes anteriores, para a entrega nos centros dos títulos universitarios oficiais seguirase o seguinte procedemento:
- O título deberá ser retirado persoalmente polo interesado no centro no que solicitou a expedición, debendo acreditar, en todo caso, a súa identidade mediante exhibición do DNI ou Pasaporte en vigor.
- No suposto de que non lle fora posible facelo persoalmente, o interesado poderá autorizar a outra persoa, sempre mediante poder notarial, para que o retire no seu nome. A persoa autorizada debe adxuntar copia simple do poder notarial, que será cotexada polo encargado do rexistro e incluída no expediente, devolvéndose o poder á persoa autorizada no momento de facer entrega do título.
- Os interesados que residan en localidades distintas do Centro no que realizaron os seus estudos poderán solicitar, mediante instancia dirixida ao Reitor, que se recollerá no expediente sen necesidade de enviala previamente á Reitoría, a remisión do título á Oficina de Educación ou Oficina Consular máis próxima ao seu lugar de residencia. A lista destas oficinas encargadas, que son as Delegacións do Goberno (áreas funcionais de Alta Inspección de Educación) ou Subdelegacións dos Gobernos, de acordo co artigo 33 da Lei 6/1997, de 14 de abril, de organización e funcionamento da Administración Xeral do Estado (BOE do 15 de abril), enviarase periodicamente aos centros.
A Coruña, 5 de novembro de 2004
A SECRETARIA XERAL
Asdo. Patricia Faraldo Cabana