Adaptacións de planos de estudo

(Aprobado na Xunta de Goberno do 29 de xuño de 1994 e do 29 de xuño de 1995)

(Alumnos procedentes doutros centros universitarios españois admitidos para continuar os mesmos estudos)
Cualificacións e cómputo de convocatorias

  1. Para as adaptacións de planos de estudos conducentes a un mesmo título oficial de alumnos procedentes doutros centros españois preservaranse as cualificacións obtidas no plano de estudos de procedencia, de acordo cos seguintes criterios:
    1. Cando se adapte un primeiro ciclo completo manteranse as materias e/ou disciplinas cursadas coas súas cualificacións correspondentes, non facendo a adaptación a disciplina.
    2. Cando se adapte por materias e/ou disciplinas troncais, obrigatorias e optativas pódense presentar os seguintes casos:
      • Unha disciplina se adapte nunha disciplina asignaráselle a cualificación da disciplina de que procede.
      • Unha disciplina se adapte en dúas disciplinas: asignaráselles ás dúas disciplinas a mesma cualificación que tiña aquela de que proceden.
      • Dúas ou máis disciplinas adáptanse nunha disciplina: asignaráselle á disciplina a nota máis alta das que teñan aquelas de que proceden.
  2. Ao facer a adaptación entre planos de estudos antigos ou entre planos de estudo novos computaranse as convocatorias que o alumno esgotara no centro de procedencia, sempre que a materia conserve o mesmo nome.
* Nos certificados de estudos deberá figurar a seguinte aclaración: "As cualificacións das materias adaptadas responden ao acordo da Xunta de Goberno do 29 de xuño de l995".

Adaptacións de Planos de Estudo
Cualificacións e cómputo de convocatorias

  1. Para a adaptación dun plano de estudos antigo ao novo, seguindo o cadro de adaptación previsto no anexo 3 do plano de estudos correspondente, preservaranse as cualificacións obtidas no plano de estudos de procedencia, de acordo cos seguintes criterios:
    * Nos certificados de estudos deberá figurar a seguinte aclaración: "As cualificacións das materias adaptadas responden ao acordo da Xunta de Goberno de 29 de xuño de l994".
    1. Cando se adapte un primeiro ciclo completo manteranse as materias e/ou disciplinas cursadas coas súas calificacións correspondentes, non facendo a adaptación disciplina a disciplina.
    2. Cando se adapte por materias e/ou disciplinas troncais, obrigatorias e optativas pódense presentar os seguintes casos:
      • Unha disciplina se adapte nunha disciplina asignaráselle a cualificación da disciplina de que procede.
      • Unha disciplina se adapte en dúas disciplinas: asignaráselles ás dúas disciplinas a mesma cualificación que tiña aquela de que proceden.
      • Dúas ou máis disciplinas adáptanse nunha disciplina: asignaráselle á disciplina a nota máis alta das que teñan aquelas de que proceden.
  2. Na adaptación dun plano de estudos antigo a un plano de estudos novo, segundo o cadro de adaptación previsto no anexo 3 do plano de estudos correspondente, non se terán en conta as convocatorias esgotadas polos alumnos nas materias do plano de estudos de procedencia, de modo que ao facer a adaptación ao plano de estudos novo todas as materias deste plano que non teñan aprobadas aparecerán con cero convocatorias.
* Nos certificados de estudos deberá figurar a seguinte aclaración: "As cualificacións das materias adaptadas responden ao acordo da Xunta de Goberno de 29 de xuño de l994".

Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000