De acordo co convenio subscrito entre as tres universidades galegas para establecer procedementos comúns e homoxéneos para os alumnos das 3 universidades que non poden rematar s seus estudos na súa universidade de orixe por ter esgotadas nunha materia todas as convocatorias, os alumnos da Universidade da Coruña poderán solicitar ser admitidos para render exame noutra universidade do sistema universitario galego que imparta a devandita materia.
Dándose o caso de que determinadas titulacións desta universidade son únicas no sistema universitario galego, os alumnos destas titulacións sofren un agravio comparativo en relación cos doutras. É por iso que en aras do principio de equidade se considera debería arbitrarse un procedemento para aqueles casos en que os alumnos se atopen nesta situación e estean a piques de rematar a carreira.
Por todo o anteriormente exposto acórdase:
De acordo co convenio subscrito entre as tres universidades galegas para establecer procedementos comúns e homoxéneos na resolución das situacións dos alumnos que non poden rematar os seus estudos na universidade de orixe como consecuencia dos procesos de extinción dos planos de estudo, os alumnos da Universidade da Coruña poderán solicitar ser admitidos para render exame noutra universidade no sistema universitario galego, que imparta a materia.
Por outra banda é contrario á política académica desta universidade que os alumnos se perpetúen nos planos antigos, e a filosofía que apoia esta Xunta de Goberno vai na liña de potenciar e favorecer que os alumnos se adapten aos novos planos producíndose o máis rapidamente posible a extinción dos planos antigos.
Non obstante, dándose o caso de que determinadas titulacións desta universidade son únicas no sistema universitario galego, así como que as modificacións dalgúns dos planos de estudo nesta universidade son posteriores ás outras universidades galegas, prodúcese unha situación de agravio comparativo dalgúns alumnos que non poden facer uso do convenio. Polo que, mantendo a regra xeral de que os alumnos se adapten o máis rapidamente posible aos planos novos, en aras do principio de equidade considérase debería arbitrarse un procedemento para resolver algúns casos especiais.
Por todo o anteriormente exposto acórdase:
Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000