A matrícula para o curso 2011-2012 realizarase a través de Internet. Toda a información está en http://www.udc.es/matricula
Poderás matricularte seleccionando a opción, das amosadas ao final desta páxina, que se axeita a túa situación.
Sigue as indicacións que van aparecendo en cada páxina ata que a matrícula este confirmada.
Envía posteriormente á administración do centro aquela documentación que se indican no prazo establecido (xustificantes de: familia numerosa, exención de taxas, discapacidade etc.) en caso contrario decaerás nos teus dereitos.
Se es un novo membro da UDC, non olvides, unha vez matriculado, activar os servizos (https://servizos.udc.es) que che permitirán ter acceso a un gran número de ferramentas telemáticas. O correo electrónico que se che xera durante este proceso será o único medio de comunicación electrónico válido para as notificacións e informacións que remitirá a UDC.
a) Domiciliación bancaria: a UDC emitirá un cargo contra a conta indicada e o estudante non terá que facer ningunha outra xestión de pagamento. Neste caso non se poderá fraccionar o pagamento.
b) Pagamento en efectivo: co resgardo de matrícula efectuarase o pagamento na entidade bancaria. Só neste caso poderá fraccionarse o pagamento da matrícula.
c) Pagamento con tarxeta bancaria
De non confirmarse o pagamento por parte da entidade bancaria antes de 10 días decaerá nos seus dereitos.
a) Matrícula para o alumnado de 1.º curso e por vez primeira, en titulacións con límite de prazas segundo os prazos sinalados pola CIUG:
1.º prazo: do 12 ao 14 de xullo
2.º prazo: do 19 ao 21 de xullo
3.º prazo: do 27 ao 29 de setembro
b) Matrícula para alumnos de 1.ºcurso e por vez primeira en titulacións sen límite de prazas:
Do 12 de xullo ao 21 de outubro
c) Alumnado de continuación de estudos de grao
Do 26 de xullo ao 8 de setembro
Nas situacións seguintes ver prazos no Anexo I da Normativa de Xestión Académica do curso 2011/12 http://www.udc.es/sobreUDC/documentos/documentacion_xeral/normativa_academica/index.html
a) Alumnado que continúa estudos de grao que non se matriculou en xullo.
b)Alumnado que continúa os seus estudos e de 2.º ciclo sen límite de prazas.
c) Matrícula para o alumnado de 1.º curso e por vez primeira que non se matriculou no mes de xullo.
d) Alumnado de titulacións con límite de prazas de só 2.º ciclo e 2.º ciclos de titulacións de 1.º e 2.º ciclos.
e) Titulados que acceden ao 4.º curso e outros cursos nos graos.
f) Alumnado que se cambia dunha titulación LRU ao correspondente grao.
g) Alumnado que obtivo praza nalgún título de Master Universitario.
LERD-Ferrol: 981 337 451 (lerd.ferrol@udc.es)
LERD-A Coruña: 981 167 196 (lerd.coruna@udc.es)
Central telefónica da UDC: 981 167 000 (hai que solicitar a extensión do centro que corresponda)
a) Matrícula en titulacións de 1.º e 2.º ciclo, Grao e Mestrado.
b) Solicitude de acceso a 2.º ciclo ( https://matricula.udc.es/LoginX )
c) Prazos de admisión e matrícula nos estudos de doutoramento curso 2011/12 (http://www.udc.es/ensino/doutoramento/admision/)