Xustificación
A partir dos anos oitenta comenza a aparecer en España políticas e programas de formación, tanto nas institucións políticas como nas académicas, co obxectivo de promover a igualdade entre homes e mulleres. Na IV Conferencia Internacional sobre as Mulleres realizada en Beijing en 1995 afírmase con rotundidade que para o éxito destas políticas e para o logro da igualdade de xénero é necesario desenvolver acións positivas que impregnen todas as acións políticas. Na mesma dirección, na Galiza comenza a implementarse plans de igualdade e otras acións afirmativas nas diferentes administracións.
Nas universidades galegas, só nos últimos anos deron comezo os masters o expertos en políticas de igualdade. Debido a que unha das finalidades da Universidade é a formación de técnicos e técnicas do estado, a nosa universidade non pode deixar de atender ese déficit importante de formación.
Obxectivos
- Formar licenciadas/os e diplomadas/os na perspectiva de xénero e nas políticas públicas de igualdade co obxectivo de que poidan exercer as súas tarefas como técnicos e técnicas nas diferentes administracións municipais e autonómicas do estado.
- Achegar as ferramentas intelectuais e prácticas para implementar políticas de igualdade nas distintas administracións.
- Contribuír ao currículo académico coas materias e coas ferramentas conceptuais necesarias na perspectiva de xénero.
- Profundar na acción afirmativa, na discriminación positiva e no mainstreaming de xénero como ferramentas fundamentais nas políticas públicas de igualdade.
- Introducir na Universidade da Coruña un espazo de reflexión e de formación sobre os estudos de xénero e a súa relación coa nosa sociedade.
Dirección académica
- Rosa Cobo Bedia [Facultade de Socioloxía]
Dirixido a
Diplomadas/os, licenciadas/os e doutoras/es interesadas/os na introdución da perspectiva de xénero nas políticas sociais.
Persoal técnico nas administracións públicas, traballadoras/es sociais, profesionais interesadas/os na planificación e na avaliación de programas, profesionais vinculados ás ONG, profesorado e outras persoas que teñan interese en materias de igualdade entre homes e mulleres.
Características e duración
Master (500 horas)
Terá lugar ao longo dos cursos 2006-2007 e 2007-2008 na Facultade de Socioloxía da Universidade da Coruña todos os luns e martes polas tardes.
Experta/o (300 horas)
Terá lugar ao longo dos cursos 2006-2007 na Facultade de Socioloxía da Universidade da Coruña todos os luns e martes polas tardes.
Estrutura dos cursos
- Cada curso constará de dos cuadrimestres, o primero de eles tendrá un carácter teórico e o segundo práctico.
- Tutorías personalizadas co alumnado
- Atención por internet ao alumnado
Matrícula e becas
- Máster: 1900 euros (se podrá fraccionar en dos pagos)
- Experta/o: 900 euros (se podrá fraccionar en dos pagos)
As persoas paradas terán dereito a un desconto do 10% da matrícula
Haberá 4 becas completas (duas para o máster e duas para o experto/a) e 8 coas que se subvencionará a metade da matrícula (catro para o máster e catro para o experto/a)
Requisitos de acceso
Máster
Será requisito imprescindibel para acceder a este título estar en posesión de título Universitario.
Certificado de participación e asistencia para aquelas persoas interesadas na realización dun dos cursos, pero que carecen de titulación universitaria. Para asistir a estes cursos é necesario previamente o envío do currículo e a realización dunha entrevista.
Experto/a
Para acceder ó posgrao será necesario estar en posesión de título Universitario. Con carácter extraordinario poderán acceder aquelas persoas, que sen titulación universitaria, estén en condicións de cursar estudios universitarios, estas persoas terán que acreditar experiencia profesional suficiente para poder cursar en igualdad de condicións o presente título.
Nota para os alumnos con título extranxeiro: Os alumnos extranxeiros que non posuan un título homologado en España deben consultar a sección de documentación.
Programa académico
Profesorado
- María de los Ángeles Durán Heras
- Rosa Cobo Bedia
- Ana Sánchez Bello
- María Jesús Lorenzo Modia
- María José Sánchez Leyva
- Mercedes González González
- María Xosé Queizán Vilas
- Luisa Posada Kubissa
- María Debén Alfonso
- Pilar López Díez
- Amparo Almarcha Barbado
- Capitolina Díaz Martínez
- Ana Iglesias Galdo
- Victoria Robles Sanjuán
- Teresa Núñez Mayán
- María Jesús Izquierdo
- Cristina Justo Suárez
- Laura Freixas Revuelta
- Cristina Carrasco Bengoa
- Ana Rubio
- Victoria Ferrer Pérez
- Ana de Miguel Álvarez
- Esperanza Bosch
- Paloma Rodríguez Vázquez
- Raquel Osborne
- Rosario Carracedo
- Celia Amorós Puente
- Ángeles González
- Montserrat Boix
- Rosa Gómez Torralbo
- Ana González
- Inés Alberdi
Titulación
O alumnado que supere os diferentes módulos, avaliación e presentación dun traballo final de curso recibirán a correspondente titulación do programa elexido:
- Máster en xénero e políticas de igualdade
- Experta/o en políticas de igualdade
Prazos
- Preinscrición
- 1 ao 30 de outubro de 2006
Os impresos necesarios poden descargarse na sección de documentación
Contacto
A información de contacto está dispoñibel na páxina de contacto.