Seccións departamentais

As seccións departamentais son creadas polo Consello de Goberno, logo do informe do departamento, cando así o aconsellaren razóns xeográficas, a existencia de diversas áreas ou ámbitos de coñecemento ou o elevado número de persoal docente e investigador adscrito ao departamento.

O Departamento de Letras consta das seis seccións: Español, Estudos Ingleses, Filoloxía Latina, Filoloxía Románica, Galego-portugués e Lingüística.

As seccións teñen entre as súas competencias:

a) Propor ao Consello de Departamento as convocatorias de prazas de persoal docente e investigador correspondentes á sección, de acordo co que está disposto nor artigos 81 a 84 dos Estatutos. A proposta de convocatoria inclúe, en todo caso, a comisión xulgadora, o perfil e a categoría da praza.

b) Propor ao Consello o Plan de organización docente (POD) correspondente ao persoal docente e investigador adscrito á sección.

c) Calquera outra que lle for delegada polo Consello de Departamento.