Estrutura

O Departamento de Letras conta cun equipo directivo, constituído pola dirección e a secretaría, e ten o apoio administrativo da UADI de Filoloxía.

Os ámbitos científicos do departamento conforman cinco seccións departamentais: 

  • Español
  • Estudos Ingleses, coordenada polo prof. Eduardo Barros Grela
  • Filoloxía Románica, coordenada pola profª Dolores Sánchez Palomino
  • Galego-Portugués, coordenada polo prof. Xosé Ramón Freixeiro Mato
  • Lingüística, coordenada polo prof. Celso Álvarez Cáccamo

Forman parte tamén do departamento dúas áreas de coñecemento non integradas en seccións: Filoloxía Francesa –coordenada pola profª Mercedes Regueiro Diehl– e Teoría da Literatura e Literatura Comparada –coordenada pola profª Olivia Rodríguez González.