¿Qué ofrecemos?

  • Investigación avanzada nas diversas matrices ambientais (auga, aire, solos, etc.): desenvolvemento de metodoloxías analíticas para a análise de compostos emerxentes, orgánicos e inorgánicos, de interese prioritario: COVs, HAP, pesticidas, metais pesados, compostos carbonílicos, anións, catións, disruptores endocrinos, fármacos, TBT, etc.

  • O laboratorio está acreditado por ENAC con acreditación nº 1051/LE1939, para tomar mostras e determinar PM10 segundo a Norma UNE-EN 12341. Se queres solicitar a realización destes ensaios ponte en contacto con nós.

  • Realizamos campañas de medidas de: SO2, NOx, PM10, PM2.5, PM1, nanoaerosois, BTEX, COV, O3 e outros de interese pola súa toxicidade e posible necesidade de control nun futuro.

  • Interpretamos os datos anteriores xunto con outras informacións dispoñibles como inventarios de emisións, variables meteorolóxicas, etc.