Obxectivos do IUMA

iumajpeg

O IUMA é un centro dedicado á investigación, á actividade docente do doutoramento, masters, cursos de posgrao e especialización e ao asesoramento técnico sobre os aspectos relacionados co Medio Ambiente.

Os seus obxectivos básicos son a promoción e o desenvolvemento do coñecemento e da investigación científica e técnica no campo do Medio Ambiente mediante a realización de proxectos de investigación.

Corresponde ao IUMA:

  • Organizar, desenvolver e avaliar plans e proxectos de investigación sobre o Medio Ambiente.
  • Programar e realizar actividades docentes de doutoramento e posgrao, así como de especialización e actualizacións profesionais.
  • Impulsar a actuación científica, técnica e pedagóxica dos seus membros e do conxunto da comunidade universitaria.
  • Contratar e executar traballos científicos e técnicos con personas físicas ou entidades públicas ou privadas no cadro da lexislación vixente.
  • Promover a difusión e realización de traballos e publicacións sobre temas medioambientais.
  • Colaborar coos demáis órganos da Universidade na realización das súas funcións.
  • Outras funcións que se fixen.