Roteiro cultural 2017

Alumnos dos centros IES Miraflores e IES Neira Vilas visitan o Pazo de Lóngora.

O Sistema de Bibliotecas Públicas Municipais do Concello de Oleiros, o Servizo de Normalización Lingüística e o IES Miraflores de Oleiros organizan un Roteiro Cultural e Literario, os días 30 e 31 de maio, que consiste no percorrido por distintos lugares do municipio nos que viviron diferentes mulleres e homes ilustres, sendo un deles o Pazo de Lóngora, onde viviron Fanny Garrido e Marcial del Adalid.