Recursos

O IUMA conta con experiencia, persoal altamente cualificado e a seguinte instrumentación científica:

  • Instrumentación de alto nivel.
  • Laboratorio con sala de balanzas con temperatura e humidade controladas. Dende o 12/07/2013 acreditado por ENAC, referencia 1051/LE1939, para tomar mostras e determinar PM10 segundo a Norma UNE-EN 12341.
  • Sistemas de preparación de mostra para analizar compostos orgánicos e inorgánicos.
  • Estación de medida da calidade do aire composta por dúas cabinas:

 Estacion IUMA

1. Con analizadores automáticos de: NOx, SO2, O3, BTEX, PM10, PM2,5 y PM1, CO; estación meteorolóxica; captadores gravimétricos para a recollida das diferentes fraccións do particulado atmosférico.

2. Analizador de compostos orgánicos volátiles (COV), precursores de ozono, único en Galicia.

  • Unidade móbil con: analizadores automáticos, captador gravimétrico, estación meteorolóxica, GPS, adquisición de datos vía GSM.

Unidad movil IUMA

  • Aplicación PALMA: Programa de Automatización de Laboratorios de Medio Ambiente, desenvolvida xunto co Laboratorio de Enxeñaría do Software da UDC (G000275). É unha aplicación web desenvolvida multidisciplinarmente para dar soporte ás tarefas características dunha rede de control da calidade do aire. É un sistema que permite a adquisición de datos telemática ("on-line") e "off-line" de estacións de inmisión distribuidas, pertenecentes a redes non só homoxéneas senon tamén heteroxéneas, e proporciona representacións gráficas e en formato tabla exportables para unha análise integral e centralizada dos datos adquiridos. Tamén considera o traballo diario que se asocia a este tipo de redes de control: validación dos datos adquiridos, alertas con respecto ás tarefas (periódicas) (e.x., verificación dos analizadores automáticos), descarga dos arquivos coa información ambiental (e.x., simulacións NAAPS), etc. A implantación de PALMA supuxo beneficios cualitativos e cuantitativos no traballo realizado polos técnicos de medio ambiente, como se pode apreciar na seguinte publicación: Andrade J, Ares J, García R, Presa J, Rodríguez S, Piñeiro-Iglesias M, López-Mahía P, Muniategui S, Prada D: Development of a web-based support system for both homogeneous and heterogeneous air quality control networks: process and product. Environmental Monitoring and Assessment. Springer, 133, 139-148.
  • Clasificador electrostático de aerosois nanométricos. Para conseguir unha distribución de cargas homoxénea necesitamos cargar o aerosol con Kr-85, que é radioactivo. Por isto, unha zona do laboratorio ten acceso restrinxido, por estar considerada como Instalación Radioactiva. Estamos autorizados pola Consellería de Industria, IRA 2836, despois do informe favorable do Consello de Seguridade Nuclear.

SMPS 2

  • Aplicación CRACOBA: Chemical Risk Assessment by Control Bandings desenvolvida xunto co Laboratorio de Enxeñaría do Software da UDC (G000275).  Esta aplicación atópase en explotación no CHUAC dende setembro de 2011 e rexistrada no Rexistro da Propiedade Intelectual con nº asiento rexistral: 03/2011/1544, nº solicitude: C-344-2011, dereitos: 75% UDC e 25% SERGAS.  É unha aplicación desenvolvida con fin de facilitar o traballo dos técnicos en Hixiene Industrial con respecto á xestión e avaliación do risco químico en postos de traballo. Esta aplicación web permite calcular o nivel de control do risco e asignar as medidas de prevención necesarias para establecer un escenario seguro en postos de traballo nos que se manipulan produtos químicos perigosos ou mesturas deles. A aproximación tomada como base é a de Control Banding e a súa implantación supuxo melloras cualitativas e cuantitativas no traballo que desenvolven os técnicos en Hixiene Industrial.
  •  Aetalómetro modelo AE33 (Magee Scientific) para a medida continua do carbono negro no aire ambiente.

Aetalometro AE33