Presentación do IUMA

O Instituto Universitario de Medio Ambiente (IUMA) é un centro propio da Universidade da Coruña, constituido de conformidade co establecido pola lexislación universitaria xeral e polos Estatutos da Universidade da Coruña. A súa creación produciuse por acordo do Consello da Xunta de Galicia de 25 de agosto de 1997 (Decreto 243/1997 de 25 de agosto, DOG de 12 de setembro de 1997), en cumprimento e tras os trámites establecidos nas disposicións legais anteditas.

A súa sede é o Pazo de Lóngora na parroquia de Liáns do Concello de Oleiros (A Coruña). Este edificio foi cedido á Universidade da Coruña por parte do Concello de Oleiros, que é o seu propietario, coa condición de dedicalo á actividade do IUMA durante un prazo mínimo de 30 anos e co compromiso firme de asumir a restauración do edificio, respectando os valores da antiga edificación.

Pazo de Longora

Actualmente, grazas ás reformas acometidas por parte da UDC, financiadas con fondos públicos, concretamente do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), o Pazo de Lóngora reencóntrase co seu pasado volvendo a ser refuxio de investigadores, técnicos e docentes, como os seus primeros moradores, Marcial del Adalid coa súa dona Fanny Garrido e o seu segundo esposo, José Rodríguez Mourelo, catedrático de Ciencias Químicas.

ÓRGANO COLEXIADO

Consello do IUMA

ÓRGANOS UNIPERSOAIS

Director: Dr. Darío Prada Rodríguez

Secretaria científica: Dra. Soledad Muniategui Lorenzo

PERSOAL

Técnica en Instrumentación Analítica: Dra. María Piñeiro Iglesias

Persoal contratado con cargo a proxectos, alumnado, becarios, etc.

CONTACTO

E-mail: iuma@udc.es

Teléfono: 981 167000. Ext. 4158

Directo: 881014158

Fax: 981 648568

Localización


Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000

dominio .gal