O Instituto Universitario de Estudios Maritimos e un centro propio da Universidade da Coruna, xunto coas Autoridades Portuarias de A Coruna, Ferrol- San Cibrao e Vilagarcia de Arousa. Este centro créase no marco xurídico establecido pola Lexislación Universitaria Xeral (arts. 10 e 11 da Ley 11/1983, do 25 de agosto, de Reforma Universitaria) e polos Estatutos da Universidade da Coruña (arts. 31 a 34).
Preténdese, coa creación deste Instituto, incrementar os coñecementos relativos á investigación portuaria para alcanzar un conxunto de resultados de aplicación práctica indispensables para o conxunto da sociedade galega.
Este Instituto é un centro adicado a investigación, actividade docente de cursos de posgrao, masters, e especialización e asesoramento técnico sobre temas relacionados co mundo marítimo.
O Instituto persegue unha finalidade especial, consistente en acceder o coñecemento especializado no ámbito das ciencias e técnicas do mar.
Neste sentido, as suas actividades están destinadas principalmente a investigación, así como tamén a ensinanza interdisciplinar das materias nel comprendidas. Independentemente de que as suas actuacións estean fundamentalmente dirixidas o estudio de valoracións e resultados de especial incidencia da Comunidade Autónoma de Galicia, nada impide que o citado Instituto naza con vocación plural e de desenrolo máis ala das fronteiras de dita Comunidade.