International Summer School

International Summer School

31 de xullo ao 18 agosto 2017

A International Summer School da Universidade da Coruña iniciou as súas actividades en 2014 e ten ofrecido desde entón unha ampla selección de cursos intensivos de tres semanas impartidos en inglés por profesorado internacional nun variado abano de temas que foron desde o dereito e as ciencias empresariais ata a ciencia e a tecnoloxía. Ducias de profesores e centos de estudantes de máis de 40 países participaron nesta experiencia. Os cursos tiveron unha carga académica de 6 créditos ECTS, e foron recoñecidos pola Universidade da Coruña e ducias de outras universidades de todo o mundo como créditos para as súas propias titulacións.

 

Twitter Séguenos en Twitter

Facebook Séguenos en Facebook


Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000

dominio .gal