Centro de Investigación de Tecnoloxías da Información e da Comunicación (CITIC)

http://www.citic.udc.es/

O Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC) é un centro tecnolóxico singular impulsado pola Universidade da Coruña, co fin de potenciar o avance e a excelencia na investigación, desenvolvemento e innovación nas Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (TIC) e fomentar a transferencia de coñecemento e resultados á sociedade.

Regulamento do CITIC

Plan Operativo FEDER Galicia 2014-2020 “Unha maneira de facer Europa”

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria recoñeceu ao CITIC como Centro Singular de Investigación de Galicia para o período 2016-2019. O CITIC é o único centro TIC en Galicia recoñecido con este distintivo, que está financiado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional.

Coa axuda obtida, o CITIC poderá consolidar o coñecemento científico avanzado e excelente das súas Áreas Tecnolóxicas, mellorar a profesionalización, aumentar a capacidade de transferencia tecnolóxica e potenciar a súa internacionalización.

 

pie_logos