Comité de Ética da Investigación e a Docencia da UDC

Benvida

O Comité de Ética da Investigación e a Docencia da UDC é un órgano colexiado, interdisciplinar, independente e de carácter consultivo que ten a finalidade de avaliar e garantir o cumprimento dos aspectos éticos da investigación e a docencia e promover a integridade científica e académica da UDC.

A súa función principal é a de informar e asesorar sobre aspectos éticos das actividades de investigación e docencia desenvolvidas polos membros da nosa comunidade universitaria.