PRESENTACIÓN

FCDEF > Presentación

 
Inef Galicia
Avda. Ernesto Che Guevara, 121 - Pazos -Liáns
15179- Oleiros - A Coruña
Tlf: 981167000, Ext: 4046
Fax: 981167048
inef@udc.es

 

 

      O Instituto Nacional de Educación Física, I.N.E.F. Galicia, foi creado por decreto de 30 de outubro de 1.986, comezando a funcionar ó ano seguinte. Tamén, por Decreto da Xunta de Galicia integrouse na Universidade da coruña, como Facultad propia, o 1 de Xaneiro do 2004.

      É, sen lugar a dúbidas, un centro novo no que, dende os seus inicios, reflíctese a importancia adquirida polo deporte como realidade social e o auxe da actividade e educación física nos distintos ámbitos educativos e a súa forte implantación na sociedade actual. Pero é, tamén, un centro que leva prestando, durante estes anos de existencia, un servicio á sociedade nas súas vertentes educativas e investigadoras. Desenrrola básicamente as súas actividades en Galicia, o seu ámbito natural, de onde recibe principalmente o alumnado, aínda que tamén incorpóranse estudiantes doutras comunidades. Nestas páxinas aparecen contidos de interese que van dende o organigrama de funcionamento e plan de estudios, ata os equipos de investigación. Esperemos que lle resulten interesantes.