Diploma

Os certificados dos cursos que realice a UDC só poden ser emitidos pola Oficina de Cursos e Congresos no papel destinado para iso, por tanto, o modelo que figura publicado só é de carácter informativo.

Para obter os certificados dos cursos deberanse cumprir os seguintes trámites:

  1. Comunicarlle á Oficina de Cursos e Congresos a actividade que se vai desenvolver coa antelación suficiente para a poder difundir.
  2. No caso de que a Comisión de Planos de Estudo concedese créditos de libre configuración, deberán ser asinados polo director/coordinador da actividade e polo vicerreitor correspondente.
  3. Na marxe superior dereita dos certificados figurará un número de rexistro que facilita a Oficina de Cursos e Congresos, tras presentar a seguinte documentación:
    • Listaxe FINAL de asistentes
    • Copia do certificado de concesión de créditos de libre configuración, se for o caso.
    • Programa definitivo da actividade

Todos os certificados estarán en galego como lingua propia da Universidade da Coruña.

descargar eps / pdf / doc