Funcións do Consello de Goberno

Correspóndelle ao Consello de Goberno:

  • Elaboración dos orzamentos.
  • Propor a creación, modificación ou supresión de centros, institutos, titulacións e estudos.
  • Crear, modificar ou suprimir departamentos e decidir sobre a súa adscrición aos centros.
  • Aprobar e modificar planos de estudo, acordar directrices para a súa elaboración e supervisar o seu desenvolvemento e execución.
  • Elixir os membros das comisións de reclamacións de profesores contratados.
  • Acordar a creación e minoración de prazas, así como o sistema de provisión.
  • Aprobar as comisións de concurso de acceso de profesores que obtiveran a habilitación.
  • Outorgar a venia docendi dos profesores de centros adscritos.
  • Designar os directores de centros non provistos por elección.
  • Acordar a contratación dos profesores eméritos.
  • Facer propostas sobre o réxime de admisión e permanencia nos estudos e a limitación de prazas.
  • Elixir os membros da Comisión de Posgrao e aprobar os seus regulamentos.
  • Dirimir os conflitos que se puidesen formular entre centros, departamentos e áreas de coñecemento, impulsar a súa actividade recoñecida estatutariamente e suplila cando, tras o requirimento, se deixe de realizar sen a correspondente xustificación.
  • Resolver reclamacións de natureza académica presentadas por estudantes ou profesores, tras o informe do valedor universitario, e constituír, de ser o caso, un órgano de avaliación.
  • Aprobar e/ou ratificar os convenios de colaboración con outras universidades e institucións.
  • Acordar o réxime xurídico dos contratos para a realización de traballos de carácter científico, técnico ou artístico, así como para o desenvolvemento de ensinanzas de especialización ou actividades específicas de formación.
  • Aprobar e modificar as relacións de postos de traballo.
  • Elaborar e aprobar o seu propio regulamento de réxime interno, así como os de desenvolvemento destes Estatutos, salvo que se dispoña outra cosa nestes Estatutos.
  • Aprobar os regulamentos dos departamentos, centros e institutos universitarios.
  • Aprobar a distribución de créditos orzamentarios entre centros e departamentos.
  • Calquera outra competencia que lle atribúan as disposicións legais vixentes e nos Estatutos.