Son competencias desta Comisión, entre outras:
Esta comisión ten a competencia de resolver as reclamacións contra as resolucións das comisións para xulgar prazas de profesores interinos, contratados e axudantes.
Estará constituída polo Vicerreitor da área de Profesorado, que a presidirá, por seis profesores numerarios dos que catro terán que ser doutores, un de cada un dos ámbitos científicos, e un estudante.
Esta comisión ten como función valorar as reclamacións que se presenten contra as resolucións das comisións de prazas de catedráticos e profesores titulares.
Será presidida polo Reitor e estará constituída por seis catedráticos de universidade, de diversas áreas de coñocemento con ampla experiencia docente e investigadora.
Correspóndelle regular as eleccións dos membros do Claustro e do Reitor, e é o órgano competente para coñecer e resolver todas as cuestións derivadas destas e das demais eleccións contempladas nos Estatutos da Universidade.
Esta comisión ten como función analizar a problemática informática desta universidade e realizar unha planificación axeitada desta.
As competencias e facultades do Comité de Seguranza e Saúde da UDC (CSS-UDC) son as que establece o artigo 39 da Lei de Prevención de Riscos Laborais (LPRL).
A composición é paritaria entre delegados de prevención e representantes da Administración Universitaria. O número de delegados/as de prevención é o que establece o artigo 35 da LPRL e determina a composición do CSS-UDC.
O/a presidente forma parte do colectivo de representantes da Administración Universitaria e o/a secretario/a do colectivo de delegados/as de prevención. O/a xefe/a do Servizo de Prevención de Riscos Laborais é membro nato, con voz e sen voto.
O CSS-UDC dispón dun regulamento de funcionamento.
A CIMAC é o órgano encargado de analizar as queixas ou reclamacións por causa de violencia psicolóxica ou física no traballo e de establecer as medidas de corrección ou as recomendacións de prevención nos procesos que se sometan ao seu estudo.
Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000