Funcións do claustro

Correspóndelle ao Claustro (Art. 25.2 dos Estatutos):

  • Elaborar os Estatutos da Universidade.
  • Elaborar a reforma dos Estatutos da Universidade.
  • Convocar, con carácter extraordinario, eleccións a reitor por iniciativa dun terzo dos seus membros e coa aprobación de dous terzos.
  • Elixir os membros do Claustro no Consello de Goberno, reflectindo a composición dos distintos sectores deste.
  • Elixir, por maioría absoluta, o valedor universitario, aprobar o seu regulamento e coñecer a memoria anual sobre a súa actividade.
  • Elixir os membros da Comisión Electoral da Universidade.
  • Elixir os membros da Comisión de Reclamacións a que se refire o artigo 66.2.º da Lei orgánica de universidades.
  • Expresar a súa opinión, en forma de recomendacións e declaracións, de conformidade co procedemento regulamentariamente establecido.
  • Elaborar, aprobar e modificar o seu regulamento de réxime interno.
  • Aprobar a planificación estratéxica e as liñas xerais da programación plurianual e orzamentaria.
  • Debater e aprobar, de ser o caso, o informe anual de xestión do reitor.
  • Calquera outra competencia que se lle recoñece nas disposicións legais vixentes e nos Estatutos.