O xerente exercerá, baixo a autoridade do reitor, a xestión dos servizos económicos e administrativos da universidade e poderá ostentar, por delegación do reitor, a xefatura do persoal de administración e servizos e mais a xestión do patrimonio da universidade.
En particular, o xerente dirixirá a contabilidade e a pagadoría, a administración e mais a conservación do patrimonio e do equipamento xeral da universidade.
O xerente será nomeado polo reitor, unha vez oído o Consello Social, entre titulados superiores.
Juan Manuel Díaz Villoslada
Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000