O Servizo de Xestión Financeira é unha unidade administrativa dependente da Xerencia con cometidos esenciais referidos á tramitación do orzamento, á rendición de contas e á tramitación de pagamentos.
Está dividido en tres seccións:
- Sección de Contabilidade (rendición de contas): Elaboración da contabilidade orzamentaria e financeira de gastos, elaboración de documentación contable de gastos de persoal, liquidación de tributos, alta de terceiros, arquivo de documentación de gastos, etc.
- Sección de Tesouraría (tramitación de pagamentos): Tramitación dos expedientes de pagamentos directos, pagamentos ACF, contabilización orzamentaria e financeira dos apuntes de ingresos e gastos, ingresos e pagos non orzamentarios, conciliacións, etc.
- Sección de Orzamentos (tramitación orzamentaria): Carga do orzamento no sistema informático, modificacións de créditos, contabilización orzamentaria e financeira de ingresos, emisión de facturas, arquivo de documentación contable, etc.
Xefe do servizo: Antón Xosé González Artiaga
Enderezo:
Reitoría
Rúa da Maestranza, 9, 2º andar
15001 - A Coruña
Tel.: +34 981 167 000 ext.: 1091
Fax: +34 981 167 012 ext.: 1068
sxfinanceira@udc.es