Salvador Naya Fernández

Vicerreitoría de Política Científica, Investigación e Transferencia

Bregua, Culleredo. A Coruña (1962)

Profesor titular de Estatística e Investigación Operativa. Escola Politécnica Superior

Licenciado en Matemáticas pola Universidade de Santiago de Compostela en 1986 e doutor en Enxeñaría Industrial pola Universidade da Coruña en 2003. Profesor titular de Estatística e Investigación de Operacións na Universidade da Coruña coa acreditación de catedrático de universidade pola ANECA desde o ano 2012.

Profesor na Escola Politécnica Superior de Ferrol desde o ano 1994, onde imparte distintas materias da Área de Estatística e Investigación de Operacións nos graos en Enxeñaría Naval e Oceánica e no Grao en Enxeñaría Mecánica. Participa tamén como docente no Mestrado en Materiais Complexos: Análise Térmica e Reoloxía (dobre título internacional coa Universidade París Diderot), no Mestrado Universitario en Asistencia e Investigación Sanitaria e no interuniversitario das tres universidades galegas en Técnicas Estatísticas.

Investigador do grupo MODES. A súa investigación abrangue a estimación paramétrica e non paramétrica de curvas, o control estatístico de calidade e fiabilidade e os métodos estatísticos en análise térmica e reoloxía. É autor de sete libros e máis de sesenta artigos en revistas internacionais de referencia. Dirixiu tres teses de doutoramento, foi investigador principal de catro proxectos con empresas e participou noutros vinte proxectos de investigación e contratos. Ten concedidos dous sexenios (ultima concesión 2009).

Membro da Sociedade Española de Estatística e Investigación Operativa. Foi membro do Consello Executivo (vicepresidente) da Sociedade Galega para a promoción da Estatística e Investigación Operativa (SGAPEIO) durante oito anos. É membro electo do International Statistical Institute (ISI). Premio “Educador do Ano 2013” do Proxecto JLM (Juarez, Lincoln, Martí) pola difusión da Estatística en Latinoamérica.

Entre 1987 e 1998 foi director do Departamento de Matemáticas, secretario e director de instituto de secundaria. É membro electo da Mesa do Claustro desde o ano 2011. Foi delegado do SAPE durante oito anos e director da Cátedra Jorge Juan no curso 2013-14.

Vicerreitor

Salvador Naya Fernández
teléfono881 01 1156

Secretaria

Dolores Pérez Brun
teléfono881 01 1153
vpcit@udc.gal

Adxunto a investigación

Horacio Naveira Fachal
teléfono881 01 1154
ai.vit@udc.gal

Adxunto a transferencia

Fidel Cacheda Seijo
teléfono881 01 1035
at.vit@udc.gal