Ao amparo do previsto na disposición 3ª dos Estatutos da UDC, aprobados por Decreto da Xunta de Galicia 101/2004, do 13 de maio, faise pública a cuarta convocatoria para a solicitude de creación de prazas de profesor contratado doutor, colaborador e axudante doutor.
Poderán solicitar a creación de prazas os profesores contratados a tempo completo e axudantes doutores que xa o eran no momento da entrada en vigor da LOU e que sigan contratados no momento da entrada en vigor dos Estatutos (14 de maio de 2004).
As solicitudes tramitaránse a través dos departamentos e deberán acompañarse da xustificación documental de cumprir os requisitos legais (titulación, acreditación, etc.) esixidos para poder acceder á praza solicitada.
Corresponde aos Consellos de Departamento realizar a proposta na que figurarán os membros da comisión xulgadora do concurso, que se axustará á normativa pola que se regula o procedemento para a selección de persoal docente e investigador interino e laboral contratado aprobada por acordo do Consello de Goberno.
O prazo para a presentación de solicitudes nesta convocatoria remata o día 22 de decembro de 2005.
A Coruña, 23 de novembro de 2005
Xosé Luis Armesto Barbeito
Vicerreitor de profesorado
Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000