Ricardo Cao Abad

Vicerreitor de investigación e transferencia

Catedrático de Universidade de Estatística e Investigación de Operacións na Universidade da Coruña desde 1999.

Licenciado en Matemáticas pola Universidade de Santiago de Compostela en 1988 (con premio extraordinario e primeiro premio nacional) e doutor pola mesma universidade en 1990 (con premio extraordinario).

A súa investigación abrangue a inferencia non paramétrica, os métodos de remostraxe, a análise de supervivencia, a verosimilitude empírica, o risco de crédito e os métodos estatísticos en xenómica e neurociencia. É autor de sete libros e máis de setenta artigos en revistas internacionais. Dirixiu sete teses de doutoramento e foi investigador principal dunha ducia de proxectos de investigación competitivos, e de nove contratos de investigación con empresas, tendo participado como membro noutros quince proxectos e contratos.

Membro da Bernoulli Society e da Sociedad Española de Biometría. Foi membro do Consello Académico da Sociedad Española de Estadística e Investigación Operativa (SEIO). Editor de distintas revistas do JCR, é Presidente de European Courses in Advanced Statistics (ECAS) e membro electo do International Statistical Institute (ISI). Coordinador de Matemáticas na Agencia Nacional de Evaluación y Prospectiva (ANEP) do Ministerio de Ciencia e Innovación (2008-2011).

Entre 2005 e 2008 foi director do Departamento de Matemáticas e membro do Consello de Goberno. Desde abril de 2011 é novamente membro do Consello de Goberno, en representación do Claustro.

Vicerreitor

Ricardo Cao Abad
teléfono981 167 000 ext.: 1156

Adxunto a investigación

Horacio Naveira Fachal
teléfono981 167 000 ext.: 1154
ai.vit@udc.es

Adxunto a transferencia

Jerónimo Puertas Agudo
teléfono981 167 000 ext.: 1035
at.vit@udc.es 

Secretaria

Mª Ángeles Romero Gómez
teléfono981 167 000 ext.: 1153
vit@udc.es

Xefa de Servizo de Investigación

Mercedes Varela Doval
teléfono981 167 000 ext: 1060
mvarelad@udc.es

Xefa da Sección de Proxectos e Axudas á Investigación

Mayte García Arias
teléfono981 167 000 ext: 1051
proxectoseaxudas@udc.es

Xefa da Sección de Persoal e Axudas Propias

Rosa M. Míguez Suárez
teléfono981 167 000 ext: 1053
secpersoaleaxudasudc@udc.es

 

logo UE


Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000