Encontro da rede de Servizos de Atención a Persoas con Discapacidade nas Universidades

Logo Servicios de Atención a Personas con Discapacidad en la Universidad

Queridos/as amigos e amigas,

 

É un pracer para a Universidade da Coruña recibirvos no Campus de Ferrol os días 17 e 18 de outubro de 2013, para celebrar o IV Encontro da Rede de Servizos de Atención a Persoas con Discapacidade nas Universidades.

Como nas edicións anteriores, desexamos que este lugar de encontro para intercambiar experiencias e coñecemento sexa interesante e proveitoso para todas as persoas participantes e nos permita seguir avanzando na nosa loita común a favor da igualdade de oportunidades, pois queremos transformar as nosas universidades en espazos cada vez máis accesibles.

Esperamos ter a oportunidade de saudarvos persoalmente e facilitarvos toda a axuda que precisedes para que a vosa estancia neste noroeste galego sexa o máis agradable posible.

 

 Mª Araceli Torres Miño
Vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social
Universidade da Coruña

Organiza Universidade da Coruña + Red Universitaria de Asuntos Estudiantiles, Colabora Fundación Universia + Fundación ONCE + Fundación ADECCO


Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000